Cupcakes arrepiantes / Creepycakes

Cupcakes arrepiantes

image

Comezamos por aquí o que prometen ser dúas semanas de receitas para celebrar o Samaín como é debido! Preparados?

Aproveitando as magdalenas de vainilla, e tendo un pouco de fondant que merquei no Dolç Maremagnum, unha feira de lambonadas que houbo en Barcelona, decidín experimentar, e saiu isto! Non sexades moi esixentes comigo, xa que esta é a primeira vez que fago cousiñas así, aínda que a verdade é que estou bastante contenta co resultado! Ademáis, se me sae a min…de seguro que vos sairá a calquera de vos! 🙂

As magdalenas xa sabedes como se fan! E senón, botádelle un ollo á receita anterior! 😉 Imos ver como facer uns cupcakes arrepiantes… Imos aló!

Ingredientes:

– fondant de cores
– fondant branco
– colorantes en crema

*O fondant que merquei na feira ten unha particularidade especial, e é por iso que me decidín a mercalo. Ademáis das cores, ten sabores, de limón e de arándanos. Se tedes fondant ou pasta de azucre de cores, non precisades os colorantes.

image

Preparación paso a paso:

1. Para cubrir a magdalena, tomaremos un anaco de fondant e amasarémolo coas mans ata que estea brandiño.

2. Despois, formamos unha boliña e iremos aplanándoa coas mans (ou cun rolo de amsar) pouco a pouco. Para poder formar o círculo, o mellor é atopar algún elemento circular pola casa que teña un tamaño similar ao da magdalena. Así, poderemos cortar un círculo exacto. Unha vez cortado, humedecerémolo e colocarémolo enriba da magdalena, presionando lixeiramente coas mans e procurando que quede ben colocadiño.

3. Agora faremos a araña! Colle dous anacos de fondant negro ou azul escuro e forma dúas boliñas: unha máis grande ca outra. Usaremos unha para a cabeza e outra para o corpo. Unímolas, e xa case temos a araña lista. Faremos catro círculos máis, dous escuros e dous brancos para os ollos. Deberán ser pequeniños. Despois, pegámolos ao círculo pequeno e aplastámolos lixeiramente. Xa podemos poñer a araña enriba da base.

4. Só nos queda facer as patas. Cun anaquiño de fondant, enrolámolo cos dedos ata formar un fío de fondant do grosor dun espagueti. E irémolo cortando en anaquiños e colocándoo debaixo do corpo da araña. Podemos darlle unha forma curva coa axuda dun escarvadentes.

5. Para facer as letras, volveremos facer outro fío de fondant, desta vez un pouco máis gordiño e iremos formando as letras. Para facer o B, só temos que dobrar as dúas puntas cara adentro, e para facer os Os, basta con cerrar o circuliño, como faciamos coa plastilina cando eramos pequenos. Corta un anaco máis e un círculo pequeno para facer a admiración.

Cun pouco de fondant, e moita imaxinación, poderedes facer un montón de magdalenas arrepiantes para celebrar o Samaín!

__________________________________________

Creepycakes

image

This is the first of the Samhain (Halloween) recipes that I will be preparing. Are you ready? As I had the vanilla muffins done, and some fondant that I bought in Dolç Maremagnum, a sweets fair that took place in Barcelona, I decided to make some experiments, and this is what I’ve got! Don’t be too hard on me, cause this is the first time I do this kind of things, but I’m really happy with the result. Besides, if I can do it, you will do it even better! 🙂

If you want to see the muffins recipe, you can have a look at it in the previous post! Let’s see how we can prepare these creepy cupcakes! Let’s go!

Ingredients:

– coloured fondant
– white fondant
– food colouring paste

*This fondant, apart from being coloured, it has flavours too: lemon and blueberry. If you have coloured fondant, you won’t need the food colouring.

image

Step by step preparation:

1. To cover the muffin, take a piece of fondant and work it with your hands until soft.

2. Form a ball, and smash it with a rolling pin or your hands. To form the circle, you’d better look for something round of a similar size of the muffin. Thus, you’ll get a more precise cover. Once you have it, wet it and cover the muffin top with, pushing it a little bit.

3. Spider: take two pieces of black or dark blue fondant and form two circles, one bigger, for the body, and one smaller, for the head. Put them together. Do 4 circles more, really small, for the eyes. Now you can put the spider over the cover.

4. Time for the legs! Form a spaghetti size stick and cut it into 8 parts, puting them under the body of the spider. You can give them a curved shape with a toothpick.

5. To do the letters, do another fondant stick, this time, thicker. To do the B, just bend the ends of the a stick towards the inside, and to do the Os, just form a circle and close it, as we did with the playdough when we were little kids! 😉 With a stick and a dot, you’ll have the exclamative mark ready.

As you can see, with a little bit of fondant, and a lot of imagination, you can do lots of creepy cupcakes to celebrate Samhain!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.