Torta de amoras / Blackberry pie

Torta de amoras

IMG_1503

Que gusto dá poder ir polo campo cunha pequeña bolsiña apañando amoras, non si? É algo que sempre me apaixoou de pequena, e o certo é que tiña (e teño) certa predilección por apañalas nun lugar especial, en Corbillón (Cambados). Dende que cada verán, visitabamos uns amigos neste lugar, a miña actividade favorita era ir coller amoras despois de comer. E este ano, non foi menos.

E que fermosas son!

origin_7508375764

Ao chegar a casa, púxenme a pensar que podía facer coas amoras, e ocorreuseme facer esta torta!

Precisamos…

– 300 gramos de amoras
– 2 culleradas de viño do Porto
– 6 culleradas de azucre (a cantidade de azucre dependerá do doce que sexan as nosas amoras)
– dúas láminas redondas de pasta brisa ou masa quebrada
– 4 culleradas de fariña de millo
– 1 ovo

Utensilios: un bol, un coitelo, unha culler e un molde para forno con apertura lateral.
Tempo de preparación: uns 20 minutos
Tempo de forno: unha media hora
Dificultade: media

Preparación paso a paso:

1. Unhas horas antes de preparar a torta, lavaremos as amoras e poñerémolas nun bol a macerar xunto co viño do Porto e o azucre.

IMG_1473

2. Mentres as amoras repousan, colleremos o molde e colocaremos unha das láminas, curvando lixeiramente os bordes para que faga algo de profundidade e non nos caian as amoras.

IMG_1480

3. Metemos a masa no forno, picándoa un pouquiño cun garfo para que non medre, durante 5 minutos (ou ata que quede lixeiramente douradiña) a 200ºC.

4. Cando as amoras xa teñan botado suficiente zume, engadimos a fariña de millo e mesturamos todo moi ben.

IMG_1481

5. Vertemos a mestura de amoras sobre a masa e colocámolas de maneira que quede todo cuberto.

IMG_1484

6. Agora tócanos preparar o enreixado. Para iso, iremos cortando cun coitelo a outra lámina en tiriñas e irémolas colocando primeiro de maneira vertical ou horizontal, e despois ao revés. Así, quedaranos un enreixado perfecto!

IMG_1485

IMG_1495

7. Batemos o ovo e cos dedos ímos mollando o noso enreixado para que despois nos quede douradiño. Non vos preocupedes se se vos mancha algo de zume de amoras, despois de pasar polo forno nin se nota!

IMG_1496

8. Deixaremos a torta no forno durante uns 30 minutos a 200ºC ou ata que o enreixado estea douradiño. Unha vez que a nosa torta estea preparada, agardaremos ata que arrefrie para poder sacala do molde. Desmoldámola, poñemos un pouquiño de azucre en po por riba, e lista para comer!

IMG_1501

_________________________________________________________________

Blackberry Pie

IMG_1503

What a nice little pleasure going for a walk with a little bag picking wild blackberries, don’t you think? This is something I have always liked, and I especially enjoyed doing this in Corbillón, Cambados. (Galicia) Ever since I went there every summer, this was my favourite activity after having lunch! And this year, not to lose the good habits, I did it again!

Aren’t they beautiful?

origin_7508375764

And as soon as I got home, I began to think what I could do with my wild blackberries! And it occurred to me to do this blackberry pie. Let’s see what we need.

Ingredients:

– 300 g blackberries
– 2 tablespoons Port wine (vinho do Porto)
– 6 tablespoons sugar (the amount of sugar will depend on how sweet or bitter our blackberries are)
– 2 disks shortcrust pastry
– 4 tablespoons cornflour
– 1 egg

Utensils: a bol, a knife, a spoon and a spring form tin.
Preparation time: around 20 minutes
Baking time: c. 30 minutes
Difficulty: average

Step by step preparation:

1. Some hours before preparing the pie, wash the blackberries and put them in a bowl together with the Port wine and the sugar, to let them macerate.

IMG_1473

2. Take the tin and put one of the disks over it, folding the edges to give depth to our pie (not to let the blackberries fall later on).

IMG_1480

3. Prick the dough with and bake it for 5 minutes (or until slightly browned) at 200ºC / 400ºF

4. Take the blackberries and add the cornflour. Mix unwil well combined.

IMG_1481

5. Pour the blackberry mixture over the dough.

IMG_1484

6. Time to prepare the lattice-top! Cut the other disk into strips and put them from top to bottom and then from right to left and you will get a perfect lattice-top!

IMG_1485

IMG_1495

7. Whisk the egg and wet the top. Don’t panic if there is some blackberry juice spots, you won’t even notice them after baking it.

IMG_1496

8. Bake the pie for around 30 minutes 200ºC / 400ºF, or until the top is browned. Once the pie is ready, let it cool and take it out of the mould. Add a little bit of powdered sugar to decorate and… be ready to enjoy a delicious blackberry lovers pie!

IMG_1501

2 Comments

  1. jajaja! como mola! aínda onte andaba eu polos carreiros apañandoas para unha bolsa! 😀

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.