Peras ao viño
Unha lambonada rápida, sinxela e moi sabrosa! Nunca antes probara a facer esta larpeirada e a verdade é que a súa preparación é bastante sinxela, pero o que máis me sorprendeu foi o deliciosas que saben as peras cocidiñas co viño, e regadas despois con caramelo de viño, mmm, deliciosas! Imos ver como se fan!
Ingredientes:
– 5 peras
– 300 ml de viño tinto*
– 5 culleradas de azucre (1 por cada pera)
*Nesta ocasión eu utilicei un Crego e Monaguillo: un viño feito coa variedade Mencía, Arauxa e Merenzao.
Cando repetín a receita, utilicei un Cividade Amandi, Denominación de Orixe Ribeira Sacra, elaborado con Mencía e Brancellao, de Adegas Verao, o viño dun bo amigo. Moi recomendable.
Preparación paso a paso:
1. Corta a parte de abaixo das peras para despois poder poñelas de pé na pota.
2. Pélaas deixándolle o rabiño. Así, teremos por onde agarralas cando estean quentes.
3. Ponas nunha pota, engade o azucre e o viño, e ponas ao lume. Cando comece a ferver, báixalle o lume de maneira que se fagan a lume lento.
4. Deixarémolas ferver durante máis ou menos 30 minutos, (dependendo do tamaño das peras) e iremos mollando as peras co viño axudándonos dunha culler. As peras estarán listas cando se poida introducir un escarvadentes ata o centro.
5. Cando estean cocidas, sacámolas da pota e reservámolas.
6. Co resto do viño, faremos un caramelo ou almíbar. Só teremos que subir o lume ata que ferva moito, veremos que pouco a pouco vai collendo unha textura similar á do caramelo.
7. Cando estea listo, sacámolo do lume e botámosllo ás peras por riba. Preparádevos para relamer os dedos!
__________________________________________________________________
A very easy, quick and delicious recipe! I’ve never tried this before, and the truth is that it is really simple, but what surprised me the most was that it is incredibly tasty! Let’s do it!
Ingredients:
– 5 pears
– 300 ml red wine*
– 5 tablespoons sugar (1 per pear)
*This time, I used Crego e Monaguillo, elaborated with Mencía, Arauxa and Merenzao.
The second time I did it, I used a Cividade Amandi, from the denomination of origin Ribeira Sacra, elaborated with Mencía e Brancellao, by Adegas Verao, the wine of a good friend. Highly recommended.
Step by step preparation:
1. Cut the down part of the pears so they can stand on the pan.
2. Peel them leaving the stem. Thus, we will take them by the stem when hot.
3. Put them inside the pan, and add the sugar and the wine. Heat all this until it boils, and then, let it cook over a low heat for approximately half an hour.
4. From time to time you can wet the pears with the wine using a spoon. The pears will be ready when you can easily insert a toothpick till the very center of the pear.
5. When they’re ready, take them out of the pan and keep them for later.
6. With the rest of the wine, we will make a syrup by boiling the wine for some more minutes, until it gets a caramel texture.
7. When it’s done, pour it over the pears, and get ready to enjoy this piece of heaven!
Moi bo viño o de Crego e Monaguillo, estiveron de 10º aniversario non fai moito!
Si, a verdade é que é moi bo viño, e para as peras resulta ben acertado!