Lasaña fría de pan / Cold bread lasagne

Lasaña fría de pan

image

Hoxe traiovos unha receita perfecta para eses días de calor nos que non apetece nin entrar na cociña! Como se pode facer o día anterior, e así incluso estará máis fresquiña, tamén será unha moi boa opción se tedes invitados a comer.

Ingredientes:

– pan de molde sen codia*
– mollo de tomate
– leituga
– millo doce
– olivas negras
– olivas verdes rechas de anchoas
– ovo cocido
– atún
– surimi
– mahonesa

*O pan de molde merqueino no Makro e o tamaño das rebandas xa era especial para este tipo de receitas (20×30 cm.) Calquera pan de molde sen codia serviravos, só teredes que poñer unhas ao carón das outras para facer a superficie máis larga. Tamén as hai de marca Bimbo, chámanse láminas de pan.

Preparación paso a paso:

1. Cortamos os ingredientes en pequenos anaquiños e mesturámolos todos, excepto o pan, e os mollos. (Non vos poño cantidades porque dependerá dos ingredientes que máis vos gusten, do número de pisos, ou do número de comensais).

image

2. Cando estea todo ben mesturado, engadimos a mahonesa e integrámola ben.

image

3. Formamos a base da lasaña e botámoslle o tomate por riba. O que pretendemos é que o pan quede mollado, así que non botaremos unha gran cantidade, repartímola ben e despois retiramos os excesos.

image

4. Repartimos unha pequena cantidade da mestura anterior, procurando non chegar ata as beiras.

image

5. A continuación iremos facendo tódalas capas que queiramos seguindo este método. Cando rematemos, poñemos unha capa de pan e presionamos para que a lasaña quede ben apretadiña e non se desmonte ao cortala.

6. Metémola no frigorífico durante 1 hora máis ou menos. Despois, botámoslle unha pouca mahonesa por riba, repartímola e decoramos a lasaña ao gusto. E isto é todo, amigos! 😉

image

____________________

Cold bread lasagna

image

This cold lasagne is perfect for those days in which the weather is so hot we do not even dare to go to the kitchen! You can also prepare it if you have guests at home because it can be done the previous day.

Ingredients:

– sliced bread with no crust*
– tomato sauce
– lettuce
– sweet corn
– black olives
– stuffed olives
– boiled egg
– tuna
– king crab sticks
– mayonnaise

*I bought mine in Makro and the size was bigger than usual (20x30cm.) The regular size will be perfectly ok, just use more slices until you have the desired measure.

Step by step preparation:

1. Chop all the ingredients (excep the bread and the sauces) and mix them well. (I do not specify the quantity of the ingredients because that depends on what you prefer, the number of layers and the number of servings).

image

2. Add the mayo and mix until well integrated.

image

3. Prepare the lasagne base with the bread and add the tomato sauce, just enough quantity to wet the bread.

image

4. Stir the previously-prepared mixture, leaving the sides of the bread free.

image

5. Repeat this step until you get the desired number of layers. Finally, add a slice of bread and slightly push the lasagne for all the ingredients to be together and avoiding them from separating when being cut.

7. Put it in the fridge for, at least, one hour. Add some mayo to the upper bread and decorate. That’s all folks! 😉

image

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.