Galletas da Paz Mundial / World Peace Cookies

Galletas da Paz Mundial

image

Con este nome…quen pode resistirse? Esta receita de galletas de chocolate, cun lixeiro sabor a brownie é unha receita de Pierre Hermé, que aparece nun libro de Dorie Greenspan. En principio, chamábanse galletas Korova, pero o seu sabor fixo que alguén moi agudo afirmara que se todo o mundo puidera gozar dunha ración delas ao día, conseguiríase precisamente iso, a paz mundial. E non imos ser nós menos para contribuír a esta causa, non? 😉

Ingredientes:

image

– 150 gramos de manteiga
– 120 gramos de azucre moreno
– 50 gramos de azucre
– 1/2 culleradiña de sal gordo
– 1/4 culleradiña de sal fino
– 1 culleradiña de esencia de vainilla
– 1/2 culleradiña de bicarbonato
– 175 gramos de fariña
– 30 gramos de cacao puro
– 150 gramos de chips de chocolate branco (ou chocolate brando cortado en anaquiños)
– papel vexetal
– papel transparente

Utensilios: unha batedora, un bol, unha táboa e un coitelo ben afiado.
Tempo de preparación: 30 minutos + tempo de repouso
Tempo no forno: de 10 a 13 minutos, aproximadamente

Preparación das galletas paso a paso:

1. Comezaremos batendo a manteiga ata que colla unha cor máis branca e estea máis cremosa. Engadimos o azucre moreno, o branco, o sal gordo, o sal fino e a vainilla. E batemos todo ata que ter unha crema suave.

image

image

image

2. Por outra banda, tamizamos a fariña, o cacao e o bicarbonato. E engadímolo á masa anterior.

image

image

3. Ao principio poderemos bater coa batedora. Cando a masa xa estea máis espesa, poñerémonos mans á masa ata que todo estea ben mesturado.

image

4. Cortamos o chocolate branco en anaquiños e engadímolos á masa das galletas.

image

5. Agora temos que dividir a masa en dous anacos e formar dous roliños envoltos en papel transparente de aproximadamente 4 cm. de diámetro.

image

6. Deixamos as masas na neveira durante, como mínimo, 3 horas. Se non queredes agardar tanto, metede a masa no conxelador ata que vexades que está duriña. (Podedes conservala no conxelador por un período de ata dous meses).

7. Cando a masa estea lista, desenvolvémola e iremos cortando cilindros de un centímetro (ou centímetro e medio) de grosor. Mentres cortamos, prequentamos o forno a 160 graos.

image

8. Colocamos as galletas na bandexa do forno sobre unha lámina de papel vexetal e deixámolas facer durante 11 ou 12 minutos, máis ou menos. Non as xuntedes demasiado, pois medran bastante.

image

(Kukiconsello: en canto vexades que as galletas toman unha cor mate por riba e xa comeza a sair un aroma a chocolate do forno, e que as galletas xa están. Pode parecervos que están moi brandas, pero ao que arrefrían, poñense perfectas para meterlle o dente!)

Como sempre facemos coas galletas, deixámolas arrefriar na bandexa, e listo!

Estas galletas están deliciosas, e podedes facer múltiples variacións. Ademáis, como as podedes ter no conxelador ata dous meses, sempre poderedes ter a man unhas galletas caseiras.

Na receita orixinal, empréganse chips de chocolate negro, e non branco. A diferenza é que o chocolate branco derrétese antes e modifica un pouco a forma redondiña que terían estas galletas, pero así, cos seus defectos, e con esas formas, é como me gustan máis a min, pois parecen máis caseiras, diferentes e artesanas! 🙂

image
_______________________________________

World Peace Cookies

image

With this name…who can resist? This recipe is originally from Pierre Hermé, and it appears in a recipe book by Dorie Greenspan. At the beginning, they were called Korova, but its flavour made someone say that if everyone in the world had the possibility of tasting some of them per day, we will get the world peace. And aren’t we going to contribute to this cause? 😉

Ingredients:

image

– 150 g butter
– 120 g brown sugar
– 50 g caster sugar
– 1/2 teaspoon cooking salt
– 1/4 teaspoon table salt
– 1 teaspoon vanilla essence
– 1/2 teaspoon baking soda
– 175 g flour
– 30 g cocoa powder
– 150 g white chocolate chips (or chopped white chocolate)
– baking sheets
– plastic wrap

Utensils: a whisk, a bowl, a cooking table and a sharp knife.
Preparation rime: 30 minutes + fridge time
Baking time: from 10 to 13 minutes, approximately.

Step by step cookies preparation:

1. Whisk the butter until white and smooth. Add the caster sugar, the brown sugar, the salt and the vanilla. Whisk all until creamy.

image

image

image

2. Sift the flour, the cocoa and the baking soda. Add it to the previous batter.

image

image

3. Whisk using the wire whisk until it is so thick you will have to use your hands! Mix until all the ingredients are fully integrated.

image

4. Chop the white chocolate and add it the the dough.

image

5. Divide the dough into two parts and form two chocolate logs of a diameter of around 4 cm. using the plastic wrap.

image

6. Leave the dough in the fridge for at least 3 hours or in the freezer until it the dough is hard. (You can keep it in the freezer for up to 2 months)

7. Then, take the plastic wrap out and cut it into little circle of about 1 or 1,5 centimetres each. While cutting, pre-heat the oven at 160º C.

image

8. Put the cookies in the baking tray with a baking sheet on it. Try to leave space between them because they grow a bit. Bake them for about 10 or 12 minutes (as you know, this depends on the oven).

image

(Kukitip: as soon as the cookies lose their brightness and you smeel like chocolate in the kitchen, this means they’re ready. Although you may think they’re too soft, when they get cold, they will be crispy and delicious!)

These cookies are really tasty, and they admit multiple variations. As you can keep the dough on the freezer, you can always have the possibility of having home-made cookies in a bit!

In the original recipe, the chips are black chocolate, not white. The main difference is that white chocolate melts more and modifies the round shape of the cookie, but I love the different, home-made, irregular form! 🙂

image

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.