Cakes pops
Esta receita, ademáis de ser a primeira receita que tiña pensado facer para este blogue dende o comezo, supuxo para min un reto importante, pois esta é a primeira vez que fago cake pops! E que dicir despois da experiencia? Pois que de seguro o proceso é bastante máis laborioso co do biscoito, pero o resultado é incrible! Os cake pops pódense personalizar de moitas maneiras, e espertan a parte creativa de cando eramos nenos que todos levamos dentro. De verdade vos digo, que vale a pena facelos, así que adiante!
Para atrevernos con estes cake pops, precisamos…
– 300 gramos de biscoito
– 3 tabletas de chocolate branco / chocolate negro (a cantidade de chocolate é orientativa, porque depende do utensilio que usemos, como xa veremos máis adiante)
– Queixo cremoso de untar
– Colorante alimentario
– Esencia de vainilla (opcional)
– Boliñas de cores, galletas picadas, kikos…para decorar os cake pops.
– Sticks para cake pops
Tódolos ingredientes pódense atopar en supermercados.
Os sticks para cake pops merqueinos en Casa. Hai brancos e de cores. Os brancos veñen en paquetiños de 100 e custan 1,99 euros, os de cores veñen en paquetes de 50 e custan 1 euro.
Utensilios: un coitelo, un bol, unha picadora, e sticks para cake pops.
Tempo de preparación: 1 hora de preparación + 45 minutos de tempo no frigorífico
Cantidade de cake pops que saen: arredor de 20
Dificultade de elaboración: Laborioso
Elaboración paso a paso:
1. Collemos o biscoito, cortámolo en varios anacos e sacámoslle a parte máis escura coa axuda dun coitelo.
2. Despois, desfaremos o biscoito coa axuda dunha picadora ou coa man, ámbalas dúas maneiras acadan un bo resultado.
3. A continuación, iremos engandindo o queixo cremoso, amasando pouco a pouco ata que a masa nos permita formar boliñas consistentes, polo que a cantidade de queixo variará segundo o tipo de biscoito, a cantidade…etc. Nesta ocasión, usáronse sobre 75 gramos. Agora é cando se lle poden engadir unhas pinguiñas de esencia de vainilla que lle dan un toque moi saboroso.
4. Agora tócanos usar os sticks, e para iso temos que derreter un pouco de chocolate. (Kukiconsello: para derreter o chocolate de maneira rápida o mellor é poñelo no microondas na opción de desconxelar, así a temperatura será máis baixa e o chocolate derreterase sen queimarse). Cando o chocolate estea a punto, mollamos o stick e clavámolo na boliña. Como podedes ver na imaxe, quedará un pequeno anel de chocolate arredor do stick.
5. Cando rematemos, meterémos as boliñas no frigorífico durante uns 45 minutos.
6. Agora só temos que derreter o resto de chocolate e iremos mollando tódalas boliñas e decorando os cake pops ao noso gusto. O chocolate pódese tinguir cos colorante alimentarios. Se, como no meu caso, empregades colorantes líquidos, procurade non engadir máis de 4 pingas, pois pode quedar o chocolate demasiado líquido ou demasiado espeso.
Kukiconsello importante! Este é o paso máis importante. Por unha parte, temos que ter en conta que o chocolate branco é un poco máis espeso que o chocolate negro, ou con leite, polo que é recomendable engardirlle unha culleriña de aceite de xirasol, que non lle dará sabor e permitirá que o chocolate se desprenda mellor e non quede demasiado enlarafuzado.
Por outra banda, o utensilio que debemos empregar tería que ser ancho e fondo, de modo que o cake pop entre por completo no chocolate en canto o introduzamos por primeira vez, evitando así ter que mover o cake pop dun lado para outro, porque pode chegar a romper. (De aí que nos ingredientes especifiquei que a cantidade de chocolate dependía do utensilo utilizado). Polo tanto, meteremos o cake pop rápido no chocolate e sacarémolo deixandoo escorrer (podemos dar uns lixeiros toques no brazo para axudar a retirar o chocolate sobrante).
7. Unha vez que estea mollado, é momento de deixar voar a imaxinación… e a decorar!!!
Variante: Os cake pops non só se poden facer utilizando como base un biscoito. Outra das variantes máis comúns é a de galletas Oreo. Estes cake pops quedan máis doces, pero a cor da Oreo dalle un toque especial. Os pasos a seguir son os mesmos, simplemente temos que picar as oreos no canto do biscoito.
Agardo que vos gustara!!! 🙂 Se hai algunha dúbida, preguntádeme!
______________________________________________
Cake pops
This recipe, apart from being the recipe that I thought to be the first on this blog, it has been a challenge for me, because it is my first time with cake pops! And what do I have to say after the experience? Well, definitely, the preparation process is much more complicated than that of the sponge cake, but the result is absolutely amazing! You can add a personal touch to them and they will surely wake up your childish imagination. I just can’t do anything but recommend you to do them, so… ready, steady, go!
To start with, we need…
– 300 grams of sponge cake
– 3 bars of white / black chocolate (this will depend on the sponge cake and on what we use to melt the chocolate, as we will later see)
– Soft cream cheese
– Food coloring
– Vanilla essence (optional)
– Different sprinkles to decorate
– Cake pops sticks
All the ingredients can be easily found on supermarkets.
The sticks I bought them in ‘Casa’. The white ones were 100 and had a cost of 1,99 euros, whereas the color ones (in this case pink) were 50 and they cost 1 euro.
Utensils: a knife, a food processor or blender, and the sticks for cake pops.
Preparation time: 1 hour + 45 minutes in the fridge
Number of cake pops: around 20
Difficulty: not difficult but laborious
Step by step explanation:
1. We cut the sponge cake into pieces and using a knife, we take out the brown parts.
2. Then, we crumble the cake with a food processor or with our hand. The result will be perfect anyway.
3. Now, we have to add the cheese bit by bit, kneading the dough until you are able to form a thick round cake pop. In this case, I used around 75 grams. The vanilla essence is something optional but it will give the dough a very special taste, so add a few drops.
4. And this is the sticks’ time! Just melt some chocolate in a glass. (kukitip: to melt it quickly, put it in a microwave in the defrost mode, that way, the chocolate will melt but as the tempertature is lower, it will not burn). When the chocolate is ready, we dip the stick in the chocolate and we introduce it in the cake pop. As you can see in the picture, the cake pop will now have a little chocolate circle around the stick.
5. When we finish, we put the cake pops in the fridge for about 45 minutes.
6. Now we melt the rest of the chocolate, dip the whole cake pop, and add the sprinkles. White chocolate can be colored using the food coloring. (kukitip: If it is liquid, like in my case, add up to 4 drops, because it can turn the chocolate into too liquid or too thick).
Important kukitip! This is the most important step. On the one side, we have to take into account that white chocolate tend to be thicker than black chocolate, so to avoid breaking the cake pop, add a teaspoonful of sunflower oil (or any other vegetable oil). This will not change the taste and it will give the chocolate the right texture.
On the other side, the glass or cup we use to dip the cake pops should be wide and deep, in a way that the whole cake pop can be introduced at a time. Thus preventing the cake pop from breaking. That’s why the quantity of chocolate depends on the utensil. That is, we dip the cake pop quickly, we take it out and wait until the extra chocolate falls.
7. Now that the cake pop is ready, it’s time to let your imagination fly… and to decorate them!
Other versions: Another well-known version of the cake pops is that of the Oreo cookies. The steps you should follow are the same. This kind of cake pops are sweeter but the color of the Oreo gives them a special look.
Variante: Os cake pops non só se poden facer utilizando como base un biscoito. Outra das variantes máis comúns é a de galletas Oreo. Estes cake pops quedan máis doces, pero a cor da Oreo dalle un toque especial. Os pasos a seguir son os mesmos, simplemente temos que picar as oreos no canto do biscoito.
I hoped you liked the recipe!!! 🙂 Don’t forget to ask me if you have any doubt!