Esta é unha desas receitas que, como dirían as Tanxugueiras, veñen para quedar. Nós xa a fixemos máis dunha vez e, de feito, unha cea sempre a apañamos con esta scarpaccia de cabaciña. Esta receita de scarpaccia vina por primeira vez no Instagram de Dr. Vegan e foi amor a […]
Etiqueta: verán
Cabaciñas en vinagre
Xa levamos uns cantos días de agosto e este ano aínda non fixera ningunha receita coas cabaciñas. Non podía ser! Vendo receitas, como de costume, dei con varias nas que empregaban as cabaciñas en vinagre a modo de opción vegana para os bocartes en vinagre.
Bublanina de cereixas
Encántame esta receita de bublanina por moitas razóns. É unha lambetada moi sinxela de facer, basicamente mesturar e enfornar. Leva froita, que iso sempre me gusta. Faise na bandexa do forno, así que non hai que andar mercando moldes. E dá para moitos anacos, o que me gusta moito porque […]
Torta de limón e alfábega
Estou ultimamente moi seareira do limón… Despois ben podo dicir que non me gusta que, evidentemente, non ha colar. Non me gusta nos pratos salgados, mais nas lambetadas…aí moito! Esta lambetada xurdiu de aproveitar a alfábega. Normalmente mércoa para facer pesto. E xa se sabe que hai que facela axiña […]
Empanada de millo corvo de volandeiras
Desde que descubrín a fariña de millo corvo andaba coa teima de mercala e facer algunha receita con ela. Para quen non o saiba, o millo corvo é un millo de cor negra (de aí o nome) que dá nunha fariña de cor viño tinto. En Meiro (Bueu) traballan por […]
Tomates verdes fritidos
O tempo deste verán está sendo ideal para min, pois non son eu moi seareira do calor nin das altas temperaturas. Iso si, para os produtos da horta non tanto, e para os tomates, menos. Que os pobres xa levan medrados case un mes e non hai maneira de que […]