Etiqueta: step by step

Papas de arroz con Baileys / Baileys rice pudding

Papas de arroz con Baileys Comezo a pensar que teño un problema co Baileys. E non é porque colla a botella e me dea ao alcol, mais teño que confesar que case cada vez que penso unha lambonada, fágome esta pregunta…e con Baileys que tal quedaría? 😀 E ás veces, […]

Albóndegas recheas / Stuffed meatballs

Albóndegas recheas Xa había tempo que rondaba pola miña cachola a idea de facer albóndegas caseiras. É ben certo que nunca foron santo da miña devoción, de feito, cando era pequecha, miña nai sempre facía para min hamburguesas e non albóndegas, é dicir, dáballe forma de hamburguesa á mesma carne […]

Barriñas de queixo e nutella / Cheese and nutella bars

Barriñas de queixo e nutella Se hai dous ingredientes que quedan ben en lambonadas e que, ademais, gustan moito, son a crema de queixo e a nutella. As tortas de queixo son saborosísimas, e son das receitas máis vistas do blogue. E que dicir das larpeiradas que levan nutella, son […]

Champiñóns recheos / Stuffed mushrooms

Champiñóns recheos Hai receitas que quedan ben, saben ben, son sinxelas, rápidas e, por se fora pouco, saudábeis. E estes champiñóns recheos son unha delas. Ademais, son o petisco perfecto para cando temos convidados, cómense dunha trabada e, ao facerse ao forno, sempre están quentiños e no seu punto. Os […]

Torta Red Velvet / Red Velvet cake

Torta Red Velvet Se hai unha torta que queda ben bonitiña e que campa un mogollón, esa é a Red Velvet. Esa cor vermella intensa e esa cremiña de queixo que está taaan boa fan que sexa unha das tortas preferidas de moita xente. Despois de poñervos a receita dos […]

Croquetas de leituga de mar / Sea lettuce croquettes

Croquetas de leituga de mar Hai uns días merquei unhas pouquiñas algas por varias razón, a primeira é porque xa había tempo que tiña gana de probalas, e cando digo probalas, non é cociñalas, senón literalmente, probalas. Si, semella estrano, mais nunca me vin na oportunidade de probar este manxar […]