A vós tamén vos gusta moito como ole a casa despois de enfornar unha lambetada? Eu adoro ese arrecendo! E estas bolachas de cabaza e chocolate olen a outono. Si, si, como ledes. E todo grazas á cabaza e ás especias, que fan que as bolachas teñan un sabor moi […]
Etiqueta: samaín
Zonchos
Ata hai ben pouco descoñecía esta tradición do Día de Tódolos Santos ou do Día de Defuntos de facer colares ou rosarios de zonchos (as castañas cocidas coa pela) mais ao final preguntando, resultou ser algo moi habitual en moitos fogares e familias. De feito, miña nai tamén as facía […]
Irish Boxty
Irish Boxty Adoro a cociña de Irlanda. Supoño que é porque adoro esa conexión celta que fai que moitos pratos teñan un sabor similar. Aínda que estas tortiñas irlandesas se papan agora en calquera ocasión, o típico era comelas na época do Samaín, e é por iso que tocaba preparalas. […]
Momias de Samaín / Hot dog mummies
Momias de Samaín Despois de dúas receitas tradicionais do Día de Tódolos Santos, hoxe toca unha receita máis moderna, divertida e pola que devecerá a cativada. De seguro que se apuntan tanto a facelas como a comelas. E o certo é que non me estraña nadiña. Cantos anos sen comer […]
Panellets
Panellets A semana pasada, puxemos unha receita do Día de Tódolos Santos típica da Galiza (os Ósos de santo) e esta semana toca un doce típico destas datas en Catalunya. Os panellets son deses doces que en canto asoma outubro, non deixas de ver en tódalas pastelarías e mercados. Os […]
Ósos de santo
Ósos de santo Aínda quedan uns días para o Samaín (31 de outubro) e o Día de Tódolos Santos (1 novembro), mais para ir abrindo boca, que mellor que uns ósos de santo. E así, poñendo a receita con tempo, non tedes desculpa ningunha para non preparala, pois xa podedes […]