Etiqueta: primavera

lemon posset

Lemon Posset

Se andades a mirar receitas por Instagram estes días, de seguro que esta foi unha das que vistes si ou si. Estes lemon posset, ou limóns recheos de crema de limón, andan por todas partes. E a verdade é que, cando os probas, entendes ben por que. A receita non […]

cereixas

6 receitas con cereixas

Cando chega a tempada de cereixas, penso que ningún de nós se pode resistir a probalas. E ademais, as cereixas son un vicio, comezas a comelas e semella que non das parado. Están tan boas! Aquí no blogue temos unhas poucas receitas con elas. E aínda que as cereixas están […]

bublanina

Bublanina de cereixas

Encántame esta receita de bublanina por moitas razóns. É unha lambetada moi sinxela de facer, basicamente mesturar e enfornar. Leva froita, que iso sempre me gusta. Faise na bandexa do forno, así que non hai que andar mercando moldes. E dá para moitos anacos, o que me gusta moito porque […]

centola á donostiarra

Centola á donostiarra

Teño a sorte de poder visitar a Praza de Abastos de Compostela case todos os días cando estou aquí, pois miña nai sempre merca alí. Mirar ao meu redor e ver todos os produtos de tempada para min é un auténtico pracer. E fiquei moi sorprendida cando despois de Nadal, […]

caldeirada de raia

Caldeirada de raia

Xa hai un tempo que andaba con ganas de facer esta receita tradicional de caldeirada de raia. A dicir verdade, xa probara a raia en empanada, mais nunca así, e menos aínda facela na casa. Agora é tempada de raia e vese moito pola Praza de Abastos de Compostela, así […]

Biscoito de cereixas e albaricoques / Apricot and cherry cake

Biscoito de cereixas e albaricoques Agora estamos en tempada de froitas de carabuña e aquelas persoas que xa me coñezan un chisco e sigan algo o blogue, saben que devezo polas lambetadas con froitas de tempada, polo que xa tocaba un biscoito con estas dúas froitas. E como coas cereixas […]