Etiqueta: outono

torta de cabaza

Torta de cabaza

O outono é a miña estación favorita do ano. E sei que non son a única. As súas cores, olores e sabores son moi especiais, case diría máxicas. Supoño que xa andamos algo cansas do verán e a calor. E precisamos un chisco de fresco e de aniñarnos coa manta […]

madalenas de mazá

Madalenas de mazá con crumble

Isto de ter horta e árbores con froitas é un pouco perigoso. Mais que nada porque ao ver os froitas aí na árbore, non podo evitar querer facer algunha receita con elas. E tanto o limoeiro como as maceiras están ben cheíñas este ano. Polo que tocaba pensar nalgunha receita […]

verdinas con lagostinos

Verdinas con lagostinos

Ata hai ben pouco non coñecía estas fabas asturianas chamadas verdinas. E o que tampouco sabía é que tamén son chamadas fabas do marisco, por iso de que, polo seu sabor e a súa textura, casan ben co marisco. Por se non as coñecedes, dicirvos que son unhas fabas máis […]

centola á donostiarra

Centola á donostiarra

Teño a sorte de poder visitar a Praza de Abastos de Compostela case todos os días cando estou aquí, pois miña nai sempre merca alí. Mirar ao meu redor e ver todos os produtos de tempada para min é un auténtico pracer. E fiquei moi sorprendida cando despois de Nadal, […]

empanada de millo corvo

Empanada de millo corvo de volandeiras

Desde que descubrín a fariña de millo corvo andaba coa teima de mercala e facer algunha receita con ela. Para quen non o saiba, o millo corvo é un millo de cor negra (de aí o nome) que dá nunha fariña de cor viño tinto. En Meiro (Bueu) traballan por […]