Etiqueta: Nadal

bolachas de chocolate e xenxibre

Bonecos de chocolate e xenxibre

Se hai unhas bolachas típicas de Nadal son as bolachas de xenxibre! E é que ese arrecendo a especias que queda por toda a casa semella que dá unha calor especial para estes días de frío. Hainas de moitos tipos, formas e tamaños. E aquí no blogue tamén xa hai […]

Bolachas de estrelas

Cando comeza esta época de frío, semella que dá gusto prender o forno e poñerse a enfornar lambetadas. Eu gosto moito de facer bolachas. Son pequenas, bonitiñas e pódense levar nun peto 🙂 E ademais, unhas bolachas caseiras feitas con todo o noso agarimo, sempre son unha boa opción de […]

chocolate quente

Chocolate quente

Para acompañar uns churros caseiros, non hai nada mellor que un chocolate quente. E se ademais o día está frío, entra de marabilla para quentar o corpo. Facelo na casa é moi doado. E o único requisito vén sendo mercar un chocolate sabedeiro e de calidade. E se é especial […]

bolachas Linzer

Bolachas Linzer

Non vos imaxinades que arrecendo máis marabilloso deixan estas bolachas por toda a casa. De seguro que cando as fagades, calquera que ande por alí, irá para a cociña a toda velocidade a ver que andades a facer. E todo isto porque as bolachas Linzer deixan un aroma especial a […]

bombas de cacao

Bombas de cacao

Xa o ano pasado vira centos de receitas destas bombas de cacao. Chocolate por fóra e cacao e nubes por dentro. E todo para botarlles leite ben quente por riba e que todo iso se desfaga devagar e gozar dunha cunca de chocolate. Como daquela non me dera tempo a […]