Para acompañar uns churros caseiros, non hai nada mellor que un chocolate quente. E se ademais o día está frío, entra de marabilla para quentar o corpo. Facelo na casa é moi doado. E o único requisito vén sendo mercar un chocolate sabedeiro e de calidade. E se é especial […]
Etiqueta: Nadal
Bolachas Linzer
Non vos imaxinades que arrecendo máis marabilloso deixan estas bolachas por toda a casa. De seguro que cando as fagades, calquera que ande por alí, irá para a cociña a toda velocidade a ver que andades a facer. E todo isto porque as bolachas Linzer deixan un aroma especial a […]
Bombas de cacao
Xa o ano pasado vira centos de receitas destas bombas de cacao. Chocolate por fóra e cacao e nubes por dentro. E todo para botarlles leite ben quente por riba e que todo iso se desfaga devagar e gozar dunha cunca de chocolate. Como daquela non me dera tempo a […]
As 10 receitas máis vistas de 2018 / The top 10 recipes of 2018
As receitas máis vistas de 2018 E como xa está rematando o ano, toca facer balance de como foi este 2018 e cales foron as vosas receitas favoritas do blogue durante este ano que xa está a piques de rematar. Velaí vai o top 10 de receitas máis vistas deste […]
Nevadiños
Nevadiños E mesmo semella que foi onte cando estabamos facendo lambonadas de Nadal no blogue, e xa estamos de volta con novas receitas para seguir enchendo os nosos bandullos de felicidade lambereteira. Desta vez, imos cunha receita que pode que non sexa das máis populares na Galiza, mais polos ingredientes […]
Galletas de chocolate engurradas / Chocolate Crinkle Cookies
Galletas de chocolate engurradas Hai lambetadas que están moi boas, aínda que non teñan moi boa pinta, e despois están estas galletas de chocolate engurradas, que son ben feitiñas e ademais están boísimas! O meu coas galletas é puro vicio, parécenme unha das mellores larpeiradas do mundo! Podemos levalas no […]