Etiqueta: chocolate

Turrón de té verde matcha / Matcha nougat

Turrón de té verde matcha A verdade, non sei se xa volo confesei antes algunha vez, non son moito dos turróns de sempre, polo que cada Nadal tócame discurrir algún con chocolate para poder deleitarme como toca nestas datas 😀 O meu amor polo té verde matcha xa o sabedes […]

Barriñas de choco e cacahuete / Peanut and chocolate bars

Barriñas de chocolate e crema de cacahuete O prometido é debeda, e como vos dixen a semana pasada, hoxe tocaba unha sobremesa coa crema de cacahuete caseira que xa fixemos. É unha receita desas que a min me gustan tanto, rápida, sinxela e moooi lambona! Con dicirvos que os ingredientes […]

Galletas con pegada / Thumbprint cookies

Galletas con pegada Aviso a todas e todos (e quen avisa, xa sabedes…)!!! Estas galletas son aditivas! E non é por iso que se chaman con pegada, senón porque empregaremos a pegada do noso dedo gordo ou matapiollos, mais tamén se poderían chamar así porque de verdade que deixan pegada! […]

Xeado de plátano exprés / Frozen bananas

Xeado de plátano exprés Xa levaba tempo vendo en moitos blogues esta receita taaan sinxela, mais non me atrevía a facela porque non sabía moi ben como sabería. O caso é que a única maneira de sabelo era probando. O bo que ten é que se fai moi axiña, é […]

Torta chocolateira / Chocolate cake

Torta chocolateira Unha lambonada desas que quedan moi chulas e que están moi boas! A min acabóuseme a crema de cacao e non lla botei polos costados, mais se tendes crema de cacao abondo, aproveitade e poñédella polo arredor, así secarase menos e aguantará máis días o biscoito. A receita […]

Napolitanas de chocolate / Pain au chocolat

Napolitanas de chocolate: receita rápida Unha receita moi larpeira e ben rápida. Nuns 15 minutiños, teredes listas para meterlles o dente unhas saborosas napolitanas recheas de chocolate branco, negro, con leite…ou dos dous! E para iso, só precisamos 4 ingredientes. Imos aló!