Etiqueta: chocolate branco

Petiscos de Samaín para unha festa arrepiante

Adoro o outono por milleiros de razóns. Encántanme as súas cores, o tempo, os días máis curtos e grises, o frío que xa comeza, e, sobre todo, porque é a época do Samaín, de todos os santos e de defuntos. Aproveitando que as crianzas tamén gostan desta festa, decidín facer […]

bombóns da Candeloria

Bombóns da Candeloria

E chegou o día! O día da Candeloria e os paxariños xa están a emparellarse e a buscar o sitio perfecto para facer o seu niño. E eu, sigo coas lambetadas para a ocasión. Desta vez, uns bombóns recheos que están de vicio. Eu aproveitei uns moldes de corazón que […]

petiscos doces de Nadal

Petiscos doces de Nadal

Neste artigo imos cociñar unhas lambetadas perfectas para facer coas crianzas durante as vacacións de Nadal. Son todo petiscos doces moi sinxelos de facer onde ata as crianzas máis pequenas poden cociñar en familia. Os ingredientes son moi sinxeliños. E basicamente é todo chocolate con diferentes combinacións para que fiquen […]

bombas de cacao

Bombas de cacao

Xa o ano pasado vira centos de receitas destas bombas de cacao. Chocolate por fóra e cacao e nubes por dentro. E todo para botarlles leite ben quente por riba e que todo iso se desfaga devagar e gozar dunha cunca de chocolate. Como daquela non me dera tempo a […]

bolachiñas de amorodo

Bolachiñas de amorodos e limón

Acender o forno estes días é case, case un acto heroico. Vai tanto calor, que só de pensar na mínima posibilidade de que a temperatura da casa aumente, xa dá arrepíos. Mais a horta é a miña debilidade e agora semella que o calor nos está a dar un descansiño. […]

pan de banana e chocolate

Pan de banana e chocolate

Hai biscoitos e biscoitos e o pan de banana é deses que sempre enchen o ollo. Ademais, agora que comeza a facer calor, as bananas maduran moito máis rápido. E cómpre ter pola man algunha receita para non ter que tiralas, que é unha mágoa. Así que esta receita de […]