Etiqueta: cabaciño

Galletas de cabaciña e limón

Galletas de cabaciña e limón Como aínda me parecía que tiña poucas receitas de cabaciña, aquí vai outra! E como é verdade que había máis receitas salgadas que doces, tocaba outra lambetada, mais desta vez algo diferente, pois ata o de agora sempre foran biscoitos, non si? As galletas sempre […]

30 receitas con cabaciña

Quen ten horta, e plantou cabaciñas, sabe moi ben do que lle falo. Ao pouco de plantalas é tal a súa produción que unha xa chega a esquecer cando comeu algo sen elas. Iso si, tamén hai que dicir que é un produto ben agradecido e que nos permite variar […]

Bastóns de cabaciña / Zucchini fries

Bastóns de cabaciña Cando chega a épocas das cabaciñas na leira, isto é un non parar. E veña cabaciñas e cabaciñas, e non te despistes moito, que senón medran a cachón e xa se poden chegar a considerar armas 😉 Así que chegada esta época, o que me toca é […]

Zapallitos recheos / Stuffed globe zucchini

Zapallitos recheos Os zapallitos son ese tipo de cabaciñas verdes, pequenas e redondas. Ao ser pequenas e gordechas, resultan perfectas para rechear e así é como as faremos hoxe, recheas de carne. Os recheos, xa sabedes, poden variar segundo o que máis vos guste ou o que teñades pola casa. […]

Espaguetis de cabaciña / Zucchini noodles

Espaguetis de cabaciña con berenxena Cando na horta hai produtos tan saborosos, frescos e saudables como son as cabaciñas, os tomates e as berenxenas, chega o momento de discurrir milleiros de receitas para ir aproveitando tódalas verduras. Esta receita é rápida, sinxela e saborosa. As miñas favoritas, como ben sabedes. […]