Etiqueta: bolachas

bolachiñas de amorodo

Bolachiñas de amorodos e limón

Acender o forno estes días é case, case un acto heroico. Vai tanto calor, que só de pensar na mínima posibilidade de que a temperatura da casa aumente, xa dá arrepíos. Mais a horta é a miña debilidade e agora semella que o calor nos está a dar un descansiño. […]

bolachas de matcha

Bolachas de matcha

Que son unha namorada do matcha xa o sabedes seguro! E xa hai tempo que andaba coa teima de facer bolachas de matcha. O que pasa é que non acababa de dar co resultado que me gustara. Dicir que é moi importante atopar un matcha de calidade. Moitas veces, non […]

Santiños de Sarria

Esta receita de Santiños de Sarria foi un dos grandes descubrimentos que fixen mentres andaba a investigar sobre as receitas do Camiño de Santiago. E é que ata que fixen o libro, non tiña nin idea de que existiran estas bolachas con forma de santiño, nin sabía que eran típicas […]

bolachas de cabaza e chocolate

Bolachas de cabaza e chocolate

A vós tamén vos gusta moito como ole a casa despois de enfornar unha lambetada? Eu adoro ese arrecendo! E estas bolachas de cabaza e chocolate olen a outono. Si, si, como ledes. E todo grazas á cabaza e ás especias, que fan que as bolachas teñan un sabor moi […]

bolachas de parmesano

Bolachas de parmesano

Hai uns anos, cando tiña máis tempo para escribir receitas e facía dúas por semana, adoitaba preparar unha doce e unha salgada. Agora que teño que ir buscando tempo como unha tola para ir facendo novas receitas, sacar as fotos, escribilas e publicalas, vou facendo un pouco máis segundo me […]

bolachas de chorimas

Bolachas de chorimas

Nada máis comezar a falarvos sobre esta receita de bolachas de chorimas, teño que dicirvos que descubrín hai moi pouco tempo que estas pequenas flores amarelas do toxo eran comestíbeis. De feito, segundo fun partillando este coñecemento cos demais, decateime de que non era a única, e de que é […]