Encántame esta receita de bublanina por moitas razóns. É unha lambetada moi sinxela de facer, basicamente mesturar e enfornar. Leva froita, que iso sempre me gusta. Faise na bandexa do forno, así que non hai que andar mercando moldes. E dá para moitos anacos, o que me gusta moito porque […]
Etiqueta: biscoito
Biscoito de limón
É curioso como hai cousas que nos gustan nunhas receitas moito, e noutras nada. Eu non son nada seareira do limón e non adoito botarllo a ningún prato salgado, de feito, non acabo de collerlle o punto aos pratos que levan este ingrediente. Mais gosto moito do seu sabor nas […]
Biscoito manteigoso de framboesas
Penso que non teño moitas receitas de framboesas no blogue porque en canto chegan a casa, hai quen dá boa conta delas, polo que non adoito ter moita oportunidade de facer unha lambetada con elas. Desta vez, houbo sorte e puiden facer un biscoito manteigoso de framboesas. E é que […]
Biscoito da avoa
Xa hai tempo que lle veño dando voltas á idea de cambiarlle de nome ao blogue, porque recoñezo que son moito máis seareira dos biscoitos que non das bolachas. Non me digades que comer un anaco de biscoito caseiro para almorzar non é un deses pequenos grandes praceres da vida? […]
Biscoito de cereixas e albaricoques / Apricot and cherry cake
Biscoito de cereixas e albaricoques Agora estamos en tempada de froitas de carabuña e aquelas persoas que xa me coñezan un chisco e sigan algo o blogue, saben que devezo polas lambetadas con froitas de tempada, polo que xa tocaba un biscoito con estas dúas froitas. E como coas cereixas […]
Torta inversa de peras / Pear upside down cake
Torta inversa de peras Levo dende hai uns días coa teima de facer unha receita con peras e é curioso como de súpeto, xusto cando vos ensino a foto polo Instagram, vexo nunha chea de perfís de cociña que hai máis xente facendo lambetadas coas peras. Como xa sabedes, a […]