Seitán con verduriñas ao curry / Seitan and veggies with curry

Seitán con verduriñas ao curry

seitan curry

A última vez que fun a un restaurante vexetariano, e recomendada por unha amiga, probei o seitán por primeira vez, e a verdade é que me gustou moito o seu sabor. O único problema é que non é moi doado de atopar, mais ben paga a pena buscalo un pouquiño e preparalo con esta receita; que xa veredes como vos encanta 🙂 E ademáis, se non o atopades, podedes probar con outro tipo de carne vexetal. Imos aló!

Ingredientes:

– 100 gramos de seitán fresco*
– 100 gramos de cogomelos
– 2 cenorias
– 1/2 cabaciña

– 1/2 cebola
– leite de coco
– curri

– 2 culleradas de prebe de tomate

– arroz (acompañamento opcional, mais recomendábel)

*Para os que non saibades (coma min, hai pouco) o que é o seitán, explícovos un chisco. Dicirvos que non é apto para celíacos, pois está composto de glute. O seitán conséguese ‘lavando’ unha masa de fariña de trigo ata que queda só o glute e despois cócese con soia, alga kombu e xenxibre. Tamén é coñecido como carne vexetal.

Preparación paso a paso:

1. Cortamos o seitán, a cabaciña e as cenorias en tiras. E cortamos os cogomelos en 4 metades.

seitan curry

2. Fritimos primeiro os cogomelos, por se soltaran auga, e cando xa estean douradiños, engadimos o resto das verduras e o seitán. Salgamos.

seitan curry

3. Por outra banda, picamos 1/2 cebola ben finiña e fritímola a lume lento.

seitan curry

4. Cando a cebola xa estea no seu punto, engadimos o prebe de tomate, o curri e mesturamos. Engadimos o leite de coco e deixaremos que reduza ata que quede un mollo espesiño. Debemos ir probando porque, como xa sabedes, ás veces o curri arrecende máis do sabor que dá, polo que podedes engadirlle máis ata que estea ao voso gusto.

seitan curry

5. Cando xa estean as verduriñas e o seitán fritidos, poñémolos no prato e botámoslle o mollo de curri por riba. E listo!

A miña recomendación sería cocer un pouco de arroz, uns 20 ou 30 gramos por persoa e mesturalo todo. Está de vicio!!!

seitan curry

Xa vedes que a receita é desas que se fan nun intre e que ademáis ten un sabor riquííísimo. Se vos gusta o curri, apuntade esta receita porque vos encantará. Bo proveito ;P

________________________________________________

Seitan and veggies with curry

seitan curry

The last time I went to a vegetarian restaurant, and recommended by a friend, I tried seitan for the first time, and the truth is that I really liked the flavour. If you like it, love it or never tried it before, you should give this recipe a try, and you won’t be disappointed. Besides, if you don’t like it, you can always use any other vegan meat instead. Let’s go!

Ingredients:

– 100 gramos fresh seitan*
– 100 gr mushrooms
– 2 carrots
– 1/2 zucchini

– 1/2 onion
– coconut milk

– 2 tbsp tomato sauce

– curry
– rice (optional side dish, but highly recommended)

*For those (like me not long ago) who do not know much about seitan, it is made by ‘washing’ a wheat flour dough until only the gluten is left. Then, it’s boiled together with soy, kombu seaweed and ginger. It’s also known as wheat gluten or wheat meat.

Step by step preparation:

1. Cut the seitan, zucchini and carrots into strips. And chop mushrooms in four.

seitan curry

2. Fry mushrooms first and when golden brown, add the carrots, the zucchini and the seitan. Saute and salt.

seitan curry

3. Meanwhile, finely chop 1/2 onion and fry it at a medium-low heat.

seitan curry

4. When onion is ready, add some tomato sauce, curry and mix. Add coconut milk and let it cook until it gets a thicker texture (a curry sauce). You may have to taste it because, as you know, curry may sometimes smell stronger than its flavour, so you’d better try it and add some more curry until it tastes as you want.

seitan curry

5. When veggies and seitan are ready, put them over a plate and add the curry sauce on top. And that’s it!

And if you want to complete this already-perfect dish, you can prepare some rice, about 20-30 grams per person, and mix it all. It’s delicious!!!

seitan curry

As you see, this is one of those recipes which are simple, quick and with an excellent flavour! If you like curry, you’ll love this recipe for sure. Enjoy it! ;P

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.