Redondo de tenreira con vinho do Porto / Veal round with Porto wine

Redondo de tenreira con vinho do Porto

Redondo Porto

Desta vez, unha receita de tenreira, que se non recordo mal, debe ser a primeira que teño no blogue. E coa boa carne de tenreira que temos na nosa terra, xa ía sendo hora de ter algunha. Ás veces, non sabemos moi ben como facer o redondo para que non nos quede seco, pois xa veredes como con esta receita vos quedará no seu punto, e ademáis, cun mollo de vinho do Porto ben rico. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 1/2 redondo
– 2 cenorias
– 1 cebola
– 1 allo grande ou 2 pequenos
– uns poucos cogomelos (eu empreguei trompetas amarelas)
– 1/2 vaso de vinho do Porto
– 1 vaso de caldo (ou un vaso de auga con media pastilliña de caldo concentrado)

Preparación paso a paso:

1. Fritimos as cenorias cortadas en láminas, o allo cortado en anacos pequenos e a cebola en tiras, ata que estea case a punto.

Redondo Porto

2. Fritimos o redondo cun chisco de aceite a lume algo alto ata que estea douradiño por tódolos lados.

Redondo Porto

3. Cando xa estea dourado, engadimos as verduras, o porto e o caldo.

Redondo Porto

4. As trompetas amarelas, como estaban deshidratadas, engadinas xa cando engadin o caldo e o Porto. Se o facedes con cogomelos frescos, podedes fritilos antes coas verduras.

Redondo Porto

5. En canto ferva, baixámoslle o lume e deixamos que se faga a lume baixo durante uns 45 minutos ou 1 hora (o tempo dependerá moito do tamaño do redondo), dándolle a volta de cando en vez. Se vemos que queda sen auga, podedes engadirlle máis caldo ou máis viño 🙂

6. Cando xa estea listo, cortámolo en filetes ben finos.

Redondo Porto

7. Cunha batedora, batemos a metade das verduras, os cogomelos, o caldo e o Porto e faremos un mollo de relamber os dedos! O resto do caldo, coarémolo e gardaremos as verduriñas e os cogomelos para acompañar o prato. E listo!

Redondo Porto

Xa vedes que ten unha pinta xenial, e complicación ningunha. A carne non queda nada seca e o mollo está boííísimo! Ademáis, a receita estará ben boa con calquera outra carne que vos guste máis.

________________________________________________

Veal round with Porto wine

Redondo Porto

This time, I’ve decided to prepare a recipe with the veal round, and if I’m not wrong, this is my first veal recipe; and considering the so good veal meat we have in Galiza, this had to change. We sometimes do not know how to prepare the veal round because it’s usually a dry kind of meat, but with this recipe you’ll get an incredibly succulent round. And, with the Port wine, the resulting sauce will be amazing! Let’s go!

Ingredients for 2:

– 1/2 veal round
– 2 carrots
– 1 onion
– 1 big garlic or 2 little ones
– some mushrooms (mine were yellow foot)
– 1/2 glass Porto wine
– 1 glass broth (or a glass of water with 1/2 concentrated broth cube)

Step by step preparation:

1. Fry the chopped carrots, onion and garlic until almost done.

Redondo Porto

2. Fry the round with a little olive oil at a medium-high temperature until all its sides are golden brown.

Redondo Porto

3. When ready, add the fried veggies, the broth and the Porto wine.

Redondo Porto

4. As I used the cantharellus mushrooms and they dehydrated, I added them when I added the wine, but if you’re using fresh mushrooms, you should fry them along with the rest of the veggies.

Redondo Porto

5. When it starts to boil, let it cook at a low-medium temperature for around 45 or 60 minutes (the time may vary depending on the size of the round), turning it from time to time. If we see it needs more water, add more broth or more wine 🙂

6. When cooked, cut it in thin steaks.

Redondo Porto

7. With a mixer, mix 1/2 veggies, broth, Porto and mushrooms and turn it into a reeeally yummy sauce! You can sieve the rest and keep the veggies and the mushrooms as a side dish. And that’s it!

Redondo Porto

As you can see, it looks (and is!) very tasty and has no difficulties at all. The meat is quite succulent and the sauce is delicious! Besides, you can try this recipe on other meats you like most.

2 Comments

  1. Que boa combinación! Encántame o viño de Porto, pero nunca probei a botalo na carne, vouno apuntar para a vindeira vez 😉

    • Pois á carne quédalle moi ben! No redondo está riquísimo, porque queda menos seco e o prebe de despois é un vicio. Pero a min case me gusta con calquera carne, se lle botas un chorriño ao solomillo, dálle un sabor boísimo 🙂 Xa me contarás

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.