Receitas quick

Boliñas de xamón / Ham croquettes

Boliñas de xamón Levaba xa uns días con gana de facer croquetas…ou máis ben, de comer croquetas! 😉 Así que aproveitando que iamos preparar unha bechamel para unha lasaña, preparamos outra para estas deliciosas boliñas de xamón. E despois de tanto doce, xa tocaba algo salgado.

Filloas / Galician Filloas

Filloas Que veña o frío e a gana de facer filloas, é todo un! Aproveitas para estar ao quentiño na cociña e, de paso, comer unhas poucas filloas, que están boísimas e quentan ben o corpo! Como vedes, todo ventaxas.

Falafel ao curry caseiro / Home-made Curry Falafel

Falafel ao curry Despois dun primeiro intento un tanto fallido, comecei unha busca intensiva de receitas de falafel para poder discurrir unha que fose sinxela, saborosa e efectiva. E durante esa investigación, decateime do fallo inicial da miña receita, que era, nada máis e nada menos, que cocer os garavanzos. […]

Quiche Lorraine

Quiche Lorraine Unha receitiña saborosa, sinxela, rápida e que se pode tomar tanto fría como quente, polo que vos valerá para calquera ocasión. Nesta receita, empregaremos leite evaporado e non tona, para que nos quede máis lixeiro. Imos aló!