Primeiros pratos

Club Sandwich

Club Sandwich Facer un sandwich cando un non sabe moi ben que preparar é todo un clásico. É un deses pratos para sair do apuro, que enchen ben o bandullo e saben de medo, para que negalo. O Club Sandwich é un deses sandwiches míticos de hai unha chea de […]

Filloas recheas / Stuffed filloas

Filloas recheas Estes días de chuvia son moi malos para min porque non teño máis que antollo de comer filloas…si, é pensar en frío e chuvia e querer facer filloas. E é que non se pode negar que quenta ben o corpo tanto facelas como comelas, especialmente se se ten […]

Canelóns de berenxena / Aubergine rolls

Canelóns de berenxena Aínda que xa estamos recollendo as últimas berenxenas da horta, este ano non nos podemos queixar, pois aínda che duraron ben. A min encántanme, e como proba, non se precisa máis que unha ollada rápida aos milleiros de receitas de berenxenas que hai no blogue. Desta vez, […]

Wok de verduras / Veggies stir-fry

Wok de verduras Moitas veces pásanos que cando imos comer fóra, probamos as verduras e sábennos de medo e despois chegamos á casa e semella que sempre nos saben iguais. E cal é o segredo para ese sabor tan incrible que teñen as verduriñas nos restaurantes? Pois son varios pequenos […]

Fish & Chips

Fish & Chips E aquí estamos de novo cunha receita típica británica e que todos asociamos coa gastronomía do Reino Unido. O Fish & Chips é un prato moi sinxelo e que campa moi ben. Eu a primeira vez que o vin (e probei!) foi en Escocia e estábano vendendo […]

Irish Boxty

Irish Boxty Adoro a cociña de Irlanda. Supoño que é porque adoro esa conexión celta que fai que moitos pratos teñan un sabor similar. Aínda que estas tortiñas irlandesas se papan agora en calquera ocasión, o típico era comelas na época do Samaín, e é por iso que tocaba preparalas. […]