Das receitas portuguesas de bacallau que probei, esta de bacalhau à Brás é das miñas favoritas. Tamén vos confeso que, polo de agora, penso que non atopei ningunha receita de bacallau que non me prestase. O bacalhau com natas xa o fixemos tamén hai un tempo e gosto moitísimo do […]
Pascoa / Easter
Semlor – Boliños de cardamomo recheos
Case vos diría que é imposíbel ver un semla (semlor en plural) e non meterlle unha boa trabada. A pinta é espectacular, uns boliños de cardamomo, recheos de crema de améndoas e unha chea de nata montada, cun toque de azucre en po, por se todo o demais fora pouco. […]
Brunyols de l’Empordà
Ás veces fago unha receita e gústame para repetir, doutras, gústame mais non a voltaría facer porque me resultou moi traballosa, e despois están as receitas coma esta, das que namoro antes, durante e despois. E é que mentres facía estes brunyols de l’Empordà, xa os ía papando e estaban […]
Hot Cross Buns
Hot Cross Buns Os Hot Cross Buns son uns pequenos pans que adoitan levar uvas pasas, especias e unha cruz na súa parte superior. É unha lambetada típica da Pascua no Reino Unido, e é o Venres Santo o día en que tradicionalmente hai que meterlle o dente a este […]
Sexta Etapa / Sixth Stage: Lizarra / Estella
Sexta Etapa: Lizarra / Estella Unha das cousas que máis me gustan deste Camiño de Santiago que imos facendo prato a prato é a variedade de produtos e pratos típicos que podemos atopar ao longo desta travesía tan fermosa. Despois dos pementos do piquillo recheos, preparamos un prato que tamén […]
Torradas de té matcha / Matcha French toast
Torradas de té matcha Despois da viaxe a Xapón, estaba claro que tocaba unha receita larpeira con té matcha, va que si? No hotel de Kyoto descubrín estas torradas feitas con té verde que nos poñían para almorzar e desde que volvín so tiña antollo de volvelas comer, así que […]