Turrón de té verde matcha A verdade, non sei se xa volo confesei antes algunha vez, non son moito dos turróns de sempre, polo que cada Nadal tócame discurrir algún con chocolate para poder deleitarme como toca nestas datas 😀 O meu amor polo té verde matcha xa o sabedes […]
Nadal/Christmas
Crumble de mazá / Apple crumble
Crumble de mazá O crumble de mazá é unha das sobremesas perfectas para o Nadal, lixeiro, sinxelo, rápido e quentiño 🙂 E para darlle un toque especial, engadirémoslle un chisco de crema de augardente e unhas améndoas, tan típicas nos produtos do Nadal 😀 A receita faise nun plis e […]
Homiños de xenxibre / Gingerbread men cookies
Homiños de xenxibre O certo é que estas galletas con forma de homiños de xenxibre son unha das receitas máis populares e recoñecibles no mundo das receitas de Nadal, mais teño que recoñecer que nunca as probara. Non sabía como serían nin o seu sabor nin a súa textura. E […]
Lagostinos crocantes / Crispy prawns
Lagostinos crocantes Os lagostinos son ben sabedeiros de calquera maneira, cocidos, á grella, crús, mariñados…en fin, que todo lles queda ben! E se vos gusta de calquera destas maneiras, con este empanado tamén vos gustará moito. Para iso, empregaremos un pan relado xaponés – o panko- que podemos facer na […]
Panna cotta de turrón / Turron panna cotta
Panna cotta de turrón Cando chegan as paparotas do Nadal, o que menos precisamos é ter que empregar aínda máis tempo en preparar as lambonadas, por iso esta panna cotta de turrón é a sobremesa perfecta para noitevella! Leva un dos ingredientes máis típicos do Nadal, faise nun plis plas, […]
Turrón de chocolate branco / White chocolate turron
Turrón de chocolate branco Os que ledes o blogue, xa sabedes da miña devoción polo chocolate branco. Encántame! En canto fixen o turrón de chocolate caseiro, sabía que máis tarde ou máis cedo, caería unha receita de turrón de chocolate branco. De novo, unha receita moi rápida e sinxela. Desta […]