Para acompañar uns churros caseiros, non hai nada mellor que un chocolate quente. E se ademais o día está frío, entra de marabilla para quentar o corpo. Facelo na casa é moi doado. E o único requisito vén sendo mercar un chocolate sabedeiro e de calidade. E se é especial […]
Nadal/Christmas
Petiscos doces de Nadal
Neste artigo imos cociñar unhas lambetadas perfectas para facer coas crianzas durante as vacacións de Nadal. Son todo petiscos doces moi sinxelos de facer onde ata as crianzas máis pequenas poden cociñar en familia. Os ingredientes son moi sinxeliños. E basicamente é todo chocolate con diferentes combinacións para que fiquen […]
Bolachas Linzer
Non vos imaxinades que arrecendo máis marabilloso deixan estas bolachas por toda a casa. De seguro que cando as fagades, calquera que ande por alí, irá para a cociña a toda velocidade a ver que andades a facer. E todo isto porque as bolachas Linzer deixan un aroma especial a […]
Bombas de cacao
Xa o ano pasado vira centos de receitas destas bombas de cacao. Chocolate por fóra e cacao e nubes por dentro. E todo para botarlles leite ben quente por riba e que todo iso se desfaga devagar e gozar dunha cunca de chocolate. Como daquela non me dera tempo a […]
Torta de limón e alfábega
Estou ultimamente moi seareira do limón… Despois ben podo dicir que non me gusta que, evidentemente, non ha colar. Non me gusta nos pratos salgados, mais nas lambetadas…aí moito! Esta lambetada xurdiu de aproveitar a alfábega. Normalmente mércoa para facer pesto. E xa se sabe que hai que facela axiña […]
Rodaballo ao forno
Hai peixes que dá gusto cociñalos porque son moi agradecidos e sempre prestan. Para min un deles é o rodaballo. Encántame o seu sabor, a súa textura e o sinxelo que é de comer sen complicarte moito coas espiñas. Sábeme ben de calquera xeito, mais recoñezo que o rodaballo ao […]