Lambonadas

flan de caqui

Flan de caqui

Esta flan de caqui que vos traio é unha desas receitas que non sabes moi ben se sairá, porque un flan con só dous ingredientes, nada de azucre e que se fai tan axiña… Semella que realmente non vai saír nin saber ben. Mais este flan estavos ben bo.

Santiños de Sarria

Esta receita de Santiños de Sarria foi un dos grandes descubrimentos que fixen mentres andaba a investigar sobre as receitas do Camiño de Santiago. E é que ata que fixen o libro, non tiña nin idea de que existiran estas bolachas con forma de santiño, nin sabía que eran típicas […]

bolachas de cabaza e chocolate

Bolachas de cabaza e chocolate

A vós tamén vos gusta moito como ole a casa despois de enfornar unha lambetada? Eu adoro ese arrecendo! E estas bolachas de cabaza e chocolate olen a outono. Si, si, como ledes. E todo grazas á cabaza e ás especias, que fan que as bolachas teñan un sabor moi […]

Torta de castañas do Bierzo

Hoxe tráiovos unha receita das que fixen para o libro d’A Cociña do Camiño de Santiago. Unha receita moi de outono cun dos produtos estrela desta estación: a castaña. A torta de castañas do Bierzo non ten unha elaboración nada complexa, e os seus ingredientes son dos que adoitamos ter […]

madalenas de nata

Madalenas de nata

Hai veces nas que simplemente non teño tempo de facer ningunha receita e non teño nada que vos contar. Hai outras, como me pasou desta vez, nas que si que fixen unhas sabedeiras madalenas de nata, mais non tiña moito ánimo de escribir a receita. E iso que as madalenas […]

biscoito de plátano e cabaciña

Biscoito de plátano e cabaciña

Isto de facer lambetadas coa cabaciña, penso que pode chegar a ser unha obsesión. Mais a verdade é que lle queda tan ben aos biscoitos que é unha mágoa non aproveitalo, non si? Desta vez, a receita vai de dobre aproveitamento, porque estou segura de que algunha vez vos queda […]