Biscoito de cereixas e albaricoques Agora estamos en tempada de froitas de carabuña e aquelas persoas que xa me coñezan un chisco e sigan algo o blogue, saben que devezo polas lambetadas con froitas de tempada, polo que xa tocaba un biscoito con estas dúas froitas. E como coas cereixas […]
Lambonadas
Bolachas de leite mazado
Bolachas de leite mazado (buttermilk biscuits) Voltei facer manteiga caseira por 3 razóns, unha, porque devezo polo seu sabor, dúas, porque quería probar a facer unha receita co soro que queda, e que tirei da outra vez e tres, porque así aproveitaba para celebrar con outra receita de bolachas o […]
Bolachas de chocolate
Bolachas de chocolate En canto souben que hoxe tería a sorte de poder facer unha receita para celebrarmos o tradicional Día Nacional da Bolacha, sabía que nada mellor que unha receita de bolachas de CHOCOLATE. Porque hai unha cousa que non podemos negar, todo con chocolate sabe mellor. Ademais, esta […]
Churros
Churros caseiros Dicía miña avoa que cando o demo non ten que facer, mata moscas co rabo. E despois deste confinamento onde xa cociñamos tantas receitas, chegou o día no que nos entrou un antollo importante de churros. Xa había un tempo que andabamos coa teima de facelos na casa, […]
Torta inversa de peras / Pear upside down cake
Torta inversa de peras Levo dende hai uns días coa teima de facer unha receita con peras e é curioso como de súpeto, xusto cando vos ensino a foto polo Instagram, vexo nunha chea de perfís de cociña que hai máis xente facendo lambetadas coas peras. Como xa sabedes, a […]
Torta de queixo La Viña / La Viña Cheesecake
Torta de queixo La Viña Nestes días de confinamento, deume por pensar naquelas lambetadas que adoitan ser as favoritas na hora da sobremesa, xa sexa na casa ou cando comemos fóra. Supoño que estas cousas dependen moito do gusto de cada quen, mais si que hai algunhas que (case) sempre […]