Cociña tradicional

Falafel ao curry caseiro / Home-made Curry Falafel

Falafel ao curry Despois dun primeiro intento un tanto fallido, comecei unha busca intensiva de receitas de falafel para poder discurrir unha que fose sinxela, saborosa e efectiva. E durante esa investigación, decateime do fallo inicial da miña receita, que era, nada máis e nada menos, que cocer os garavanzos. […]

Quiche Lorraine

Quiche Lorraine Unha receitiña saborosa, sinxela, rápida e que se pode tomar tanto fría como quente, polo que vos valerá para calquera ocasión. Nesta receita, empregaremos leite evaporado e non tona, para que nos quede máis lixeiro. Imos aló!

Bacallau á sidra / Cod in cider

Bacallau á sidra Despois de tanto doce de Samaín, toca un descansiño, e preparar esta deliciosa receita! É moi doada (para non variar! 😉 ), rápida de facer e moi saborosa! Imos aló!

Marmelo caseiro / Home-made quince jelly

Marmelo caseiro Dende que mercamos o marmeleiro, o de facer o doce de marmelo na casa convertiuse xa nunha tradición! O marmeleiro é aínda pequecho, pero non vos podedes imaxinar que marmelos ten, ata o punto de ter que andar con moito tino para que non lle rompan as ramas. […]