Que son unha namorada do matcha xa o sabedes seguro! E xa hai tempo que andaba coa teima de facer bolachas de matcha. O que pasa é que non acababa de dar co resultado que me gustara. Dicir que é moi importante atopar un matcha de calidade. Moitas veces, non […]
Cociña oriental
Matchamisú
Que adoro o té matcha xa é algo máis que sabido! Gústame en moitas receitas, e con esta de Matchamisú, xa podo dicir que levo unhas poucas. Brownie, biscoito, trufas, torradas, mochis ou turrón son algunhas das receitas con matcha que hai no blogue. Mais se hai unha lambetada que […]
Brownie de té matcha
Este brownie de té matcha é a típica receita de sobremesa xaponesa que non é moi larpeira, mais non podes parar de repetir e acabas por comer todo o brownie nun día e con ganas de facelo (e comelo) outra vez. Xa vos adianto que o resultado non é un […]
Samosas veganas
Samosas veganas Aínda non sabedes canta ilusión me fixo tódalas ideas que me fostes dando nas redes sociais cando fixen a rifa do libro. (Xa vos adianto que esta receita de samosas veganas xurdiu dunha desas ideas). E xa que estamos de confesións, vouvos dicir que realmente a min venme […]
Hummus de pemento vermello
Gústanme moito as receitas de hummus e patés, porque con poucos ingredientes e en moi pouco tempo tes unha cea ou un petisco ben xeitoso e saudábel. O hummus tradicional é o máis sinxelo, mais aproveitando que se fai tan rápido, dá gusto probar outras combinacións, especialmente se engadimos verduras […]
Chulas coreanas de cabaciña / Korean zucchini fritters
Chulas coreanas de cabaciña Ata eu mesma me sorprendo da facilidade que teño para ir facendo receitas de cabaciña sen caer eu mesma no aburrimento e facendo que cada día me guste máis preparalas. Que ingrediente máis versátil! Desta vez a cousa non vai de lambetadas, como fixemos co brownie, […]