Fritos de cabaciña / Zucchini fritters

Fritos de cabaciña

fritos

Hai veces que nos costa pensar que facer para acompañar calquera prato de carne ou peixe. Probamos con ensaladas, verduriñas, patacas, mais de cando en cando apetece variar e probar algo diferente. Estes fritos de cabaciña son o acompañamento perfecto para calquera prato, un petisco moi saudábel ou unha cea lixeira e ben saborosa. Para acompañar a cabaciña, nada mellor que cenoria e un bo anaco de queixo Cheddar 😉 Se queredes facer a versión máis saudábel, podedes obviar o queixo, mais botando un chisco, quedará un prato ben lixeiro e, ao derreterse, daralle un toque moi cremoso aos fritos. En canto ao queixo, xa sabedes que podedes empregar aquel que máis vos guste, a min como me gustan case todos, depende un pouco do que teño pola casa nese momento. Desta vez, tocou Cheddar, mais calquera queixo lle ha quedar ben 😀 Imos aló! Continue reading “Fritos de cabaciña / Zucchini fritters”

Ravioli de cabaciña / Zucchini ravioli

Ravioli de cabaciña

ravioli

Hoxe tráiovos unha receita súper fresca, cremosa e cun sabor suave e intenso. Ademais, faise en 5 minutiños. A cabaciña é un ingrediente moi socorrido na cociña, e xa vedes que se pode empregar para facer unha chea de receitas, e todas moi diferentes. Esta é moi sinxela e o recheo dos ravioli pode variar segundo os ingredientes que teñamos pola cociña ou os que máis nos gusten. Desta vez, o recheo é máis ben clásico, mais un que sempre funciona: queixo gorgonzola, noces e pera. Imos aló! Continue reading “Ravioli de cabaciña / Zucchini ravioli”

Zapallitos recheos / Stuffed globe zucchini

Zapallitos recheos

zapallito

Os zapallitos son ese tipo de cabaciñas verdes, pequenas e redondas. Ao ser pequenas e gordechas, resultan perfectas para rechear e así é como as faremos hoxe, recheas de carne. Os recheos, xa sabedes, poden variar segundo o que máis vos guste ou o que teñades pola casa. O súa carne é moi amarela e o seu sabor é máis doce ca o da cabaciña. Imos aló! Continue reading “Zapallitos recheos / Stuffed globe zucchini”

Carpaccio de cabaciño / Zucchini carpaccio

Carpaccio de cabaciño

carpaccio

Hai receitas que son taaan sinxelas e rápidas de facer e, ao mesmo tempo, taaaaaan saborosas que é unha mágoa non telas feito antes. E esta é unha delas. Recoñezo que a primeira vez que vin o carpaccio de cabaciño nun restaurante, fiquei sorprendida. Non me convencía a min moito iso de comer cabaciño cru. Máis unha vez que o probei, creo que volvería tomalo tódolos días da semana. Ten un sabor suave que queda moi ben con tódolos outros ingredientes que o acompañan. Eu fixen a miña propia versión, vós podedes tamén engadirlle ou cambiar algúns ingredientes. Iso sí, as uvas pasas quédanlle de medo. Aviso 🙂 Imos aló! Continue reading “Carpaccio de cabaciño / Zucchini carpaccio”

Crema de cabaciño / Zucchini soup

Crema de cabaciño

Zucchini soup

Outra receita de crema! Desta vez, aínda máis sinxela e moi saborosa. Tendo cabaciños na casa, podemos facer esta saborosa crema e tomar de postre esta torta de chocolate, que fará que os máis chocolateiros non poidan deixar de repetir. Imos aló! Continue reading “Crema de cabaciño / Zucchini soup”

Pizzas de cabaciño / Zucchini pizzas

Pizzas de cabaciño

Zucchini pizzas

E xa están aquí de novo os cabaciños! E cando veñen, xa sabedes que veñen unha chea deles, e non se poden desaproveitar que son moi sabedeiros. E estas pizzas de cabaciño están de medo, son moi sinxelas e aínda máis rápidas de preparar ca unha pizza. Ademáis, se tendes nenos, será unha moi boa maneira de que coman verdura sen case decatarse 😉 Imos aló! Continue reading “Pizzas de cabaciño / Zucchini pizzas”