Flores de cabaciña con bechamel de champiñóns
Se nunca volo dixen, xa tardaba, mais un dos grandes praceres da vida para min é ir á horta e observar. Si, xa sei que tamén hai que traballar, que tamén, mais gústame moito dar un paseo arredor dos produtos e pensar algunha receita que facer con eles segundo os estou vendo. Non me dá xeito collelos, traelos para a casa, e despois pensar, máis que nada porque moitas veces, acaban pola cociña sen saber moi ben que facer con eles. Gústame observalos no seu estado natural e deixarme inspirar polas súas formas e cores. E onte, estando na horta, vin o fermosas que estaban as flores das cabaciñas e tíveno claro, algo tiña que facer con elas. É moi importante que cando as collades, a cabaciña xa teña un tamaño xeitoso, e así non impediremos o seu crecemento aínda que lle roubemos a flor. Da outra vez, fíxenas con xamón e queixo, mais tiña gana de facelas con algo máis cremoso para contrastar coa textura crocante que lles queda ao fritilas. Así, as puntas quedan moi crocantes e segundo imos mordendo, vanse volvendo moi cremosas e aínda máis sabedeiras. Para min é un pracer cociñar con estes produtos, e é unha das actividades que maior satisfacción me dan. E sen máis historias, imos aló! Continue reading “Flores de cabaciña con bechamel de champiñóns / Zucchini flowers with mushrooms bechamel”