Yakisoba con verduras e zamburiñas / Queen scallops & veggies yakisoba

Yakisoba con verduras e zamburiñas

yakisoba

Hai uns días fun a un supermercado asiático e arrasei, hihihi! Son un perigo! Encántame a comida xaponesa, o sushi, as gyozas, os mochis, os udon, os yakisoba, as okonomiyakis (pizzas xaponesas)…ata o de agora, todo o que probei gustoume! E como me gusta tanto comela, tamén me gusta cociñala, porque xa se sabe, que despois de cociñala, toca papar, non si? Os yakisoba son como uns espaguetis que se toman cun prebe especial e xeralmente acompañados de verduriñas e carne de porco ou lagostinos. Máis como tiña zamburiñas pola casa, decidín facer unha versión con verduras e zamburiñas. Imos aló! Continue reading