Coulant de chocolate / Chocolate lava cake

Coulant de chocolate

coulant

Se hai un postre realmente irresistible ese é o coulant. Un saboroso pasteliño de chocolate que deixa caer un recheo líquido quentiño que esta de vicio! É unha receita sinxela, que precisa de moi poucos ingredientes. Ademáis, podedes gardalos no conxelador e preparalos nuns minutiños, tendo sempre un postre preparado en moi pouco tempo! Pero tede coidado! Que som adictivos 😛 Imos aló! Continue reading

Torta Tatin de mazá / Apple Tarte Tatin

Torta tatin de mazá

Tarte Tatin

Hoxe a receita é unha torta de mazá ao revés. E de onde veu iso de Tatin? Pois resulta que nun hotel de Francia, as irmáns Tatin andaban a facer unha torta de mazá. Sen decatarse, unha delas, puxo as mazás no molde sen ter posta antes a masa de follado, e para non ter que desfacer o xa feito, púxolle a masa por riba e listo! O caso é que está moi boa, así que se vos gusta a mazá, esta lambonada pasará a ser unha das vosas preferidas. Imos aló! Continue reading