Croquetas de xamón / Ham croquettes

Croquetas de xamón

As croquetas son un prato que sempre triunfa e que a todos nos gusta!!! Tamén hai que recoñecer que non acaba de ser un dos pratos máis saudábeis, mais de cando en cando, pódese facer unha excepción 🙂 Como é un proceso que acostuma a levar algo de tempo, a mín gústame facer unhas cantas e despois conxelalas rebozadas, para telas sempre dispoñibles para un antolliño 😀 Despois só hai que fritilas e listo! E non, non perden nada de sabor! Desta vez, fixémolas de xamón cun rebozado máis especial, a que agardades para preparalas? Continue reading “Croquetas de xamón / Ham croquettes”

Peitugas recheas á prancha / Grilled stuffed chicken breasts

Peitugas recheas á prancha

peitugas recheas

Como me gustan as receitas coma esta: sinxela, rápida e saudable. Moitas veces non facemos as peitugas recheas, porque teriamos que empanalas, e xa nos supón máis tempo e máis calorías 😉 Pois desta maneira, non tedes desculpa, con só tres ingredientes faremos unhas peitugas recheas saborosísimas. Imos aló! Continue reading “Peitugas recheas á prancha / Grilled stuffed chicken breasts”

Berenxenas recheas / Stuffed eggplants

Berenxenas recheas

berenxenas recheas

Desta vez, traio 3 receitas nunha. As berenxenas recheas están boísimas, e seguro que se preguntades, cada quen rechéaas de ingredientes diferentes. Eu contareivos 3 recheos distintos que probei e que sei que están ben bos: atún, xamón cocido e carne. Imos aló! Continue reading “Berenxenas recheas / Stuffed eggplants”

Boliñas de xamón / Ham croquettes

Boliñas de xamón

image

Levaba xa uns días con gana de facer croquetas…ou máis ben, de comer croquetas! 😉 Así que aproveitando que iamos preparar unha bechamel para unha lasaña, preparamos outra para estas deliciosas boliñas de xamón. E despois de tanto doce, xa tocaba algo salgado. Continue reading “Boliñas de xamón / Ham croquettes”