Queixadiñas / Quesadillas

Queixadiñas

Non é por nada, mais encántame o nome de Queixadiñas! Sona ben riquiño, non si? As queixadiñas non deixan de ser unha tortilla de trigo rechea de queixo torrada nunha grella para que o queixo quede ben derretido e cremoseiro. Aínda que o ingrediente principal é o queixo, sempre se lle pode dar algunha que outra alegría para darlle máis sabor e facelas máis larpeiras 😉 Déixovos dúas opcións que a min me gustan moito, unha máis típica e outra máis ‘mallorquina’ hihihi. Imos aló! Continue reading “Queixadiñas / Quesadillas”

Bricks de gambas / Wrapped shrimps

Bricks de gambas e alfábega

bricks

Cando tes un blogue de receitas ves receitas por todas partes. Non importa onde vaias, só pensas en receitas e máis receitas. En probar diferentes lambonadas e pratos apra poder poñérvolos aquí e que vos animedes a preparalos. E cando vas comer fóra e che gusta algún prato, xa estás pensando… Que leva? Como se fará? E se probo a facelo na casa a ver se me sae? E así xurdiu este prato. A súa elaboración é moi doada e con moi pouquiños ingredientes, teremos un prato ben resultón. Ademais, está moi rico tanto frío coma quente, polo que é o petisco perfecto cando temos convidados, ou para nós mesmos, que tamén o gañamos, non? 😀 Imos aló! Continue reading “Bricks de gambas / Wrapped shrimps”

Barquiñas de polo / Chicken boat-wraps

Barquiñas de polo

Wraps

Ás veces, cando veñen uns amigos a cear na casa, non sabemos moi ben que facer. Non queremos andar toda a tarde na cociña, nin ter que andar requentando a comida porque xa arrefriou. Unha das mellores propostas é facer estas sinxelas e moi socorridas barquiñas de polo. Non vos levará nada de tempo, e ademáis, seguro que lles gusta a tódolos convidados. Imos aló! Continue reading “Barquiñas de polo / Chicken boat-wraps”

Enrolados de polo / Chicken wraps

Enrolados de polo

image

E aquí ven outra receitiña desas que tanto me gustan: rápidas, sinxelas e deliciosas! A idea orixinal era facelas con pementos verdes, vermellos e amarelos, pero como só atopei vermellos, así foi! Imos ver como preparar este prato delicioso. Continue reading “Enrolados de polo / Chicken wraps”