Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake

Biscoito de té verde matcha

Hai que ver o que me gustan os biscoitos! Recoñezo que niso son bastante tradicional, e un anaco de biscoito para papar no almorzo é un deses grandes pequenos praceres da vida. Xa son unhas cantas as receitas de biscoitos do blogue e a verdade é que a vós tamén semella que vos gustan abondo, non si? Se xa sodes algo seareiras e seareiros das receitas deste blogue, saberedes que o té verde matcha é tamén un ingrediente moi presente, e xa tardaba facer con el un biscoito larpeiro para aledar as mañás. E se lle engadimos un toque de chocolate branco, xa todo mellora aínda máis! Imos aló! Continue reading “Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake”

Magdalenas XXL / XXL muffins

Magdalenas XXL

Xa había tempo que non tocaba unha receita de magdalenas, non si? A min é unha lambonada que me gusta moito! Son xeitosas para poder levalas ao traballo, ao recreo, para merendar, para almorzar, de sobremesa…e se son caseiras coma estas, sempre moito mellor! Non sei se a vós vos pasou algunha vez, mais a min seeempre me pasaba. Cando ía a algunha cafetería, pastelaría, e pedía unha magdalena, pensaba: e por que a min non me sairá así de gordiñas e altas? Primeiro comecei por mercar uns moldes iguais, e despois a facer probas, probas e probas ata dar coa receita definitiva! E aquí está!!! Coma sempre, pódense variar ingredientes para darlles distintos sabores, ou recheos. Imos aló! Continue reading “Magdalenas XXL / XXL muffins”

Turrón de chocolate branco / White chocolate turron

Turrón de chocolate branco

turron chocolate

Os que ledes o blogue, xa sabedes da miña devoción polo chocolate branco. Encántame! En canto fixen o turrón de chocolate caseiro, sabía que máis tarde ou máis cedo, caería unha receita de turrón de chocolate branco. De novo, unha receita moi rápida e sinxela. Desta vez, ademáis do arroz inflado, engadinlle tamén uns pistachos. E se vos gustan, podedes engadirlle lacasitos, M&Ms, galletas ou outros froitos secos. Imos aló! Continue reading “Turrón de chocolate branco / White chocolate turron”

Panna cotta con kiwi / Panna cotta with kiwi

Panna cotta con kiwi

Panna cotta kiwi

Que ganas tiña de facer panna cotta!!! E máis así, con chocolate branco e kiwi 🙂 É unha lambetada moi saborosa e que se pode facer nuns sinxelos e rápidos pasos. E a combinación kiwi e chocolate branco, mmm, para repetir e repetir. Imos aló! Continue reading “Panna cotta con kiwi / Panna cotta with kiwi”

Crema de chocolate branco / White chocolate custard

Crema de chocolate branco

Crema de chocolate

Devezo polo chocolate! Gústame con leite, puro, sen azucre, con azucre, con améndoas, con avelás…en fin, todo! Máis teño que recoñecer que o meu predilecto sempre foi, é, e será o chocolate branco. Así que xentiña lambona coma min, preparádevos para facer esta saborosa crema de chocolate branco porque máis sinxela xa vos digo que non pode ser! Non leva ovo, nin glute, e se sodes veganos, podedes facela con leite de soia. Imos aló! Continue reading “Crema de chocolate branco / White chocolate custard”

Monstros tolos / Crazy monsters

Monstros tolos

image

Aquí ven a última receita de Samaín! Uns monstriños toleiráns, virollos e con caras raras, que seguro que os máis pequechos devecerán por eles! Son sinxelos de facer, quedan moi chulos e son ben sabedeiros! Imos aló! Continue reading “Monstros tolos / Crazy monsters”