Biscoito de chocolate e viño tinto / Red wine and chocolate cake

Biscoito de chocolate e viño tinto

Si, xa me imaxino que estaredes pensado, un biscoito con viño tinto? Pois si! A idea xurdiu un día destes que estás aburrida e non sabes moi ben que facer. A min eses días sempre me dan ganas de cociñar porque é algo que adoita levantarme o ánimo, e sempre ten unha saborosa e doce recompensa. Despois de botar unha ollada a ver o que tiña pola cociña, vin a botella de viño e pensei en facer algunha lambetada con el. Acordeime do boas que estaban as peras ao viño, así que outra lambonada con viño non podía fallar. Lendo varios artigos pola rede, vin que o viño tinto se pode empregar en doces para potenciar o sabor a chocolate. Rebusquei pola cociña e non tiña cacao puro, mais si que tiña paladín (que é que adoito usar para a torta da avoa), así que agora só quedaba mesturar ingredientes e agardar a que todo saíra ben. E se a receita está aquí é que o resultado foi moi bo, como poderedes intuír, así que non lle teñades medo a esta mestura que nos pode soar tan estraña porque o biscoito ten un sabor espectacular! Continue reading “Biscoito de chocolate e viño tinto / Red wine and chocolate cake”

Redondo de tenreira con vinho do Porto / Veal round with Porto wine

Redondo de tenreira con vinho do Porto

Redondo Porto

Desta vez, unha receita de tenreira, que se non recordo mal, debe ser a primeira que teño no blogue. E coa boa carne de tenreira que temos na nosa terra, xa ía sendo hora de ter algunha. Ás veces, non sabemos moi ben como facer o redondo para que non nos quede seco, pois xa veredes como con esta receita vos quedará no seu punto, e ademáis, cun mollo de vinho do Porto ben rico. Imos aló! Continue reading “Redondo de tenreira con vinho do Porto / Veal round with Porto wine”

Peras ao viño / Red wine poached pears

Peras ao viño

IMG_1460

Unha lambonada rápida, sinxela e moi sabrosa! Nunca antes probara a facer esta larpeirada e a verdade é que a súa preparación é bastante sinxela, pero o que máis me sorprendeu foi o deliciosas que saben as peras cocidiñas co viño, e regadas despois con caramelo de viño, mmm, deliciosas! Imos ver como se fan! Continue reading “Peras ao viño / Red wine poached pears”