Rosas de Sant Jordi / Sant Jordi Roses

Rosas de mazá de Sant Jordi

rosas

Estas rosiñas poden ser o agasallo perfecto para calquera ocasión, xa sexa Sant Jordi, o día da nai ou o día da lambona 😉 Son moi feitiñas, fanse nun plis, quedan de medo e están boísimas! E ademais, só precisamos ingredientes tan sinxelos como mazás e masa de follado. Conta a lenda que cando Sant Jordi matou o dragón que ía devorar á princesa, do seu sangue saiu unha roseira, polo que Sant Jordi colleu unha rosa e doulla á princesa. De seguro que a princesa quedaría aínda máis contenta se esa rosa fora coma estas 😉 Imos aló! Continue reading “Rosas de Sant Jordi / Sant Jordi Roses”

Lasaña vexetariana / Vegetarian lasagna

Lasaña vexetariana

lasaña

Hai uns anos probamos nun restaurante vexetariano unha lasaña que estaba de vicio. Por suposto non levaba carne, mais non soubemos moi ben que era o que levaba, o que si, é que semellaba carne talmente. Despois dun tempo, descubrimos que tal ingrediente era a soia texturizada, un alimento baixo en graxas, rico en proteínas e cun sabor suave e moi agradábel. Dá ben o pego e, se non cho din, probablemente penses que é carne, polo que podedes aproveitar para facerllo a alguén a ver se é quen de adivinar de que está feita a lasaña. Polo demais, os ingredientes de sempre para facer unha boa lasaña rica rica. Para aquelas persoas que sexan veganas, para facer a bechamel, empregaremos aceite de oliva e leite vexetal; e para botar por riba, ou ben queixo vegano ou ben améndoa picada, que lle queda de luxo. Imos aló! Continue reading “Lasaña vexetariana / Vegetarian lasagna”

Champiñóns recheos / Stuffed mushrooms

Champiñóns recheos

champiñóns

Hai receitas que quedan ben, saben ben, son sinxelas, rápidas e, por se fora pouco, saudábeis. E estes champiñóns recheos son unha delas. Ademais, son o petisco perfecto para cando temos convidados, cómense dunha trabada e, ao facerse ao forno, sempre están quentiños e no seu punto. Os recheos poden variar moito, mais desta vez quixen facer unha versión con verduriñas, mozzarella relada e xamón serrano, que sempre casa moi ben cos champiñóns. O xamón serrano farémolo ao forno para que quede ben crocante e moi sabedeiro, xa veredes. Imos aló! Continue reading “Champiñóns recheos / Stuffed mushrooms”

Biscoito de améndoas / Almond sponge cake

Biscoito de améndoas

biscoito de améndoas

Ás veces (moitas, no meu caso) temos a boca doce e devecemos por algunha lambonada que nos saque o antollo. Para iso, aquí vos traio a receita perfecta: un biscoito de améndoas moi saudábel e perfecto para sacarnos o antollo. Só leva ovos, améndoas, mel e limón. Así, podemos gozar dunha larpeirada sen ter que facer unha torta con moito azucre ou moito chocolate. Para a próxima, probarei de facelo cun chisco de cacao, a ver como sae 😉 A textura é moi esponxosa e o sabor suave, húmido e ben doce. Non perdades esta receita de vista, pois hase convertir nunha das vosas favoritas. Imos aló! Continue reading “Biscoito de améndoas / Almond sponge cake”

Mollo pesto con pistachos / Pesto sauce with pistachios

Mollo pesto con pistachos

pesto con pistachos

Unha das razóns polas que sempre quixen ter na casa unha alfábega é porque tiña moitas ganas de facer pesto caseiro coa miña propia pranta. Despois de varios intentos (semella que isto de ter prantas non é o meu punto forte), por fin conseguín unha fermosa pranta de albábega coas súas follas gordechas, cun verde intenso e un arrecendo incrible. Polo que xa iba sendo hora de preparar un mollo pesto para tomar coa pasta. A receita orixinal é con piñóns, mais tendo en conta que o seu prezo é un chisco elevado e que ademais devezo polos pistachos, decidín facer esta versión máis verde, saborosa e orixinal, que vos parece? Como a pranta aínda é algo pequecha, só lle saquei 10 follas de alfábega, para non deixala sen folla ningunha, polo que a cantidade de follas pode variar segundo as follas de alfábega que teñades. De todas maneiras, recordade que o sabor que aportan é intenso, ide probando pouco a pouco ata que teñades o sabor que máis vos guste. Con 10 follas está de vicio! Imos aló!!! Continue reading “Mollo pesto con pistachos / Pesto sauce with pistachios”

Bunyols

Bunyols

bunyols

Hoxe tráiovos unha receita catalana típica da cuaresma. Aínda que na Galiza tamén acostumamos a facer chuliñas, o certo é que a preparación destes bunyols é ben diferente, e é por iso polo que deixo o nome en catalá, para que non haxa confusión coas nosas chulas. A receita é, coma sempre, sinxela e rápida, e non quedan nada aceitosos. E os ingredientes son deses que sempre temos pola casa, polo que é unha receita moi socorrida para cando queremos facer unha sobremesa sen ter que mercar moitos ingredientes diferentes. Imos aló! Continue reading “Bunyols”