Etiqueta: verduras

Salmón ao forno con soia / Baked salmon with soy sauce

Salmón ao forno con prebe de soia e verduriñas Despois de taaantas e taaantas paparotas, boa falta fan unhas receitas máis saudables e que non nos dean moito choio. Esta é a primeira delas, un saboroso salmón ao forno con verduriñas e salsa de soia. Un prato moi sinxelo, rápido, […]

Albóndegas de avea / Oats meatless meatballs

Albóndegas de avea Xa sei o que estaredes pensando, albóndegas de avea?!? Iso pensei eu a primeira vez que mo dixeron, pero o certo é que unha vez que as probas, só tes gana de preparalas unha e outra vez. O bo que teñen é que se lle poden engadir […]

Empanadiñas de verduras / Veggies pasties

Empanadiñas de verduras Unha receita saudable, sen demasiadas complicacións e moi sabedeira. Desta vez, fíxenas ao forno, para que foran aínda máis lixeiras, e ademáis, só levan verduriñas, así que vexetarianos e veganos, estade atentos! 😉 Imos aló!

Fondue de queixo / Cheese fondue

Fondue de queixo Cando nos agasallan trebellos coma estes, o mellor que se pode facer é darlle uso. E para iso, que mellor que preparar nós a fondue na casa e deixarnos de fondues preparadas, que non saben nada (e dígoo por propia experiencia). Da fondue, disque a teñen que […]

Croquetas de verduriñas / Veggies croquettes

Croquetas de verduriñas En principio non pensara poñer esta receita no blogue porque non sabía como ía quedar, pero visto o seu excelente sabor e o éxito que tivo nas redes sociais, aqui está! É unha receita moi sinxela e gustará a todos aqueles aos que vos gusten as verduriñas. […]