Bourekas de berenxena / Eggplant bourekas

Bourekas de berenxena

Unha das vantaxes de ter un blogue de cociña é que dás con receitas de orixes moi variadas e que fan que aprendas non só de gastronomía, senón tamén de historia, cultura, costumes e moitas cousas máis. Aínda non recordo moi ben como esta receita chegou a min, só sei que me sorprendeu ter dado cunha receita de orixe sefardí. Disque estas bourekas eran unha das receitas que os sefardís facían de maneira habitual cando residían na península ata que foron expulsados en 1492. Eu fixen unha versión máis rápida e sinxela, empregando masa para empanadiñas, mais tendo tempo e ganas, eu anímovos a facer a masa caseira ou empregar masa follada, que se asemella máis á caseira. O recheo non pode ser máis sinxelo, mais isto non quere dicir que non estea realmente bo e a combinación dos ingredientes non pode dar un mellor resultado. Imos aló! Continue reading “Bourekas de berenxena / Eggplant bourekas”

Rolos de verán / Summer rolls

Rolos de verán

Chega o verán, o bo tempo, a calor, as vacacións e unha certa nugalla a poñerse coas mans na masa, especialmente á hora da cea. Ou iso polo menos é o que adoita pasarme a min. Estes rolos de verán son unha solución perfecta para comer saudábel sen ter romper moito a cachola. Non precisamos de moito tempo, nin de moita cociña, nin sequera temos que prender o lume se non queremos, podemos empregar as verduras ou froitas que máis nos gusten e variar a receita tantas veces como queiramos. E si, son moi sinxelos de facer, que aínda non o puxera, va que non? 🙂 Imos aló! Continue reading “Rolos de verán / Summer rolls”

Rolos de carne con verduras / Steak and veggies rolls

Rolos de carne con verduras

Esta receita de rolos de carne con verduras resulta unha receita moi orixinal, divertida, moi sabedeira e, sobre todo, saudábel! 😀 O tipo de carne empregado ou o recheo pode variar, xa sabedes que o mellor é probar ata atopar a maneira que máis vos guste. Nós acompañamos este prato cunhas patacas ao forno con prebe picante, mais estou segura de que unhas Jacket potatoes habían facer un dos mellores acompañamentos. É un prato moi socorrido e que campa moi ben, xa veredes que sinxelo! Imos aló! Continue reading “Rolos de carne con verduras / Steak and veggies rolls”

Chips de alcachofa / Artichoke chips

Chips de alcachofa

Mira que fixen esta receita unha chea de veces, de feito, pensaba que xa a puxera no blogue; ata que un día me puxen a buscar a receita e vin que non, que non a tiña! Como podía ser iso? Eu nunca fun moito de alcachofas (xa empezo coas confesións), sempre era das que dicía que non sabían a nada, que sabían a madeira…en fin, que non as quería nin en pintura. Ata que as probei así. E mira que a receita é ben sinxela! As alcachofas así saben de vicio!!! Ponse un a comelas e baixan coma se foran olivas. Unha detrás de outra e remataches o prato sen decatarte. Non vos enredo máis e imos aló! Continue reading “Chips de alcachofa / Artichoke chips”

Crema de cabaza e lentellas / Lentils and pumpkin soup

Crema de cabaza e lentellas

Hai mesturas que unha nunca pensaría que quedarían ben. E xa vos adianto que esta é unha delas. O que pasa é que cando es unha lambona, fas que a xente do teu redor sempre estea atenta por se pode coller ideas para o blogue. Así foi como esta idea chegou a min. Falando de receitas de outono-inverno para quentar o corpo, un compañeiro de traballo do meu fotógrafo dixo que el lle botaba lentellas á crema de cabaza. Lentellas??? pensei eu. Siii, lentellas. E ademais, seica lle quedan moi ben. Probaremos, pois! E despois de probar esta crema de cabaza e lentellas, repetirei seguro! Xa vedes que a presentación quedou ben chula. Ao final da receita, xa vos direi como papar esta crema para degustala como é debido! Imos aló! Continue reading “Crema de cabaza e lentellas / Lentils and pumpkin soup”

Wok de verduras / Veggies stir-fry

Wok de verduras

wok de verduras

Moitas veces pásanos que cando imos comer fóra, probamos as verduras e sábennos de medo e despois chegamos á casa e semella que sempre nos saben iguais. E cal é o segredo para ese sabor tan incrible que teñen as verduriñas nos restaurantes? Pois son varios pequenos truquiños que, ademais, fan que a verduras conserven tódolos seus nutrientes. Non vos fago agardar máis e imos aló! Continue reading “Wok de verduras / Veggies stir-fry”