Etiqueta: vegetarian

Wok de verduras / Veggies stir-fry

Wok de verduras Moitas veces pásanos que cando imos comer fóra, probamos as verduras e sábennos de medo e despois chegamos á casa e semella que sempre nos saben iguais. E cal é o segredo para ese sabor tan incrible que teñen as verduriñas nos restaurantes? Pois son varios pequenos […]

Roliños contrasol / Rainbow pinwheels

Roliños contrasol Non sabía moi ben como chamarlle a estes roliños, mais vendo as cores e o seu nome en inglés, o mellor que lle quedaba era contrasol, que non deixa de ser o arco da vella. Vendo como locen, non pode haber un nome que lle acaia mellor, non […]

Faláfel con prebe de iogur / Falafel with yoghurt sauce

Faláfel con prebe de iogur Xa había tempo fixera unha receita de faláfel (alá polo 2013 – faláfel ao curry), mais tiña moita gana de volvela poñer cambiando un chisco os ingredientes, agora que xa me volvín algo máis experta na cociña 🙂 Como novidade, empregamos un dos ingredientes máis […]

Sushi de quinoa / Quinoa sushi

Sushi de quinoa Preparar sushi caseiro é xenial! Podes botarlle os ingredientes que queiras e formar tantas combinacións como imaxinación teñas. O problema é que precisamos de moito tempo para facelo, sobre todo para preparar o arroz, lavalo, cocelo e agardar a que arrefríe. Esta versión con quinoa fai que […]

Espaguetes de mar crocantes / Crunchy sea spaghetti

Espaguetes de mar crocantes Segunda receita coas nosas incribles algas! Temos unha chea de recursos gastronómicos e as algas son aínda descoñecidas para a maioría de nós, mais pouco a pouco vanse introducindo nas nosas receitas e o certo é que ben o merecen. Esta receita saqueina da páxina de […]

Flores de cabaciña / Zucchini flowers

Flores de cabaciña Si, outra receita con cabaciñas! Xa vos dixen que cando comezan, hai que ir a lume de carozo con elas. Desta vez, para variar, empregaremos outra parte da pranta que non é a propia cabaciña en si, senón a súa flor. Non sei se algunha vez tivestes […]