Bourekas de berenxena / Eggplant bourekas

Bourekas de berenxena

Unha das vantaxes de ter un blogue de cociña é que dás con receitas de orixes moi variadas e que fan que aprendas non só de gastronomía, senón tamén de historia, cultura, costumes e moitas cousas máis. Aínda non recordo moi ben como esta receita chegou a min, só sei que me sorprendeu ter dado cunha receita de orixe sefardí. Disque estas bourekas eran unha das receitas que os sefardís facían de maneira habitual cando residían na península ata que foron expulsados en 1492. Eu fixen unha versión máis rápida e sinxela, empregando masa para empanadiñas, mais tendo tempo e ganas, eu anímovos a facer a masa caseira ou empregar masa follada, que se asemella máis á caseira. O recheo non pode ser máis sinxelo, mais isto non quere dicir que non estea realmente bo e a combinación dos ingredientes non pode dar un mellor resultado. Imos aló! Continue reading

Cottage Pie

Cottage Pie

Ata o de agora, cando ía de viaxe, sempre mercaba un marca-páxinas, e a verdade é que xa levo unha chea deles dende que comecei a colección, moitas veces grazas a amigos e familia que tamén me traen cando van de viaxe. Mais hai un tempo que tamén recibo e merco libros de cociña que falen sobre receitas típicas do sitio no que estou. Cando fun a Londres durante a Pascua, dei cun marabilloso libro que, ademais de ter unhas ilustracións moi fermosas, ten unhas receitas típicas inglesas con ingredientes naturais, da horta e da granxa, que son cos que eu máis gozo. O libro chámase: The Great British Farmhouse Cookbook e está escrito por Sarah Mayor. En canto o abrín, souben que a primeira receita que faría sería esta. A Cottage Pie ven sendo un prato moi sinxelo, basicamente carne e patacas, polo que se a materia prima é boa, o resultado ten que ser espectacular. Eu fixen a miña propia versión apta para vexetarianos, mais se sodes máis de carne, xa vos direi como facer a receita orixinal. Continue reading

Muhammara

Muhammara

O Muhammara é unha especie de pasta para untar tipo hummus típica de Alepo, Siria. Os ingredientes básicos son o pemento, as noces e a granada e resulta unha crema con moito sabor e unha textura moi especial. Esta receita descubrina vendo unha película na que probaban o Muhammara, e de aí chegou a idea de facela para o blogue. Eu, coma sempre, deille o meu toque persoal, que vos explico ao final da receita. Para acompañalo, podemos facelo con pan torrado ou ben con crudités de cenoria e cabaciña. Imos aló! Continue reading

Mousse de chocolate con leite / Milk chocolate mousse

Mousse de chocolate con leite

Esta súper receita de mousse de chocolate con leite só leva dous ingredientes! E non, non leva nin ovo, nin fariña, nin azucre engadido. De feito, eu que estaba algo lambona o día que a fixen, empreguei chocolate con leite, mais se queredes, podedes facela perfectamente con chocolate negro sen azucre e aínda será máis saudábel. A textura xa vedes que é hiper esponxosa e cremosa, cun sabor intenso e unha sensación no padal como se lle deramos unha trabada a un anaquiño de nube. Ademais, é unha receita apta para veganos, ou intolerantes ao ovo ou á fariña. Tampouco leva aceites nin manteigas. Vaia, que é a receita de mousse perfecta e si, só dous ingredientes. E un xa o sabedes, cal pode ser o outro? Non agardes máis para sabelo! Continue reading

Chips de alcachofa / Artichoke chips

Chips de alcachofa

Mira que fixen esta receita unha chea de veces, de feito, pensaba que xa a puxera no blogue; ata que un día me puxen a buscar a receita e vin que non, que non a tiña! Como podía ser iso? Eu nunca fun moito de alcachofas (xa empezo coas confesións), sempre era das que dicía que non sabían a nada, que sabían a madeira…en fin, que non as quería nin en pintura. Ata que as probei así. E mira que a receita é ben sinxela! As alcachofas así saben de vicio!!! Ponse un a comelas e baixan coma se foran olivas. Unha detrás de outra e remataches o prato sen decatarte. Non vos enredo máis e imos aló! Continue reading

Crema de cabaza e lentellas / Lentils and pumpkin soup

Crema de cabaza e lentellas

Hai mesturas que unha nunca pensaría que quedarían ben. E xa vos adianto que esta é unha delas. O que pasa é que cando es unha lambona, fas que a xente do teu redor sempre estea atenta por se pode coller ideas para o blogue. Así foi como esta idea chegou a min. Falando de receitas de outono-inverno para quentar o corpo, un compañeiro de traballo do meu fotógrafo dixo que el lle botaba lentellas á crema de cabaza. Lentellas??? pensei eu. Siii, lentellas. E ademais, seica lle quedan moi ben. Probaremos, pois! E despois de probar esta crema de cabaza e lentellas, repetirei seguro! Xa vedes que a presentación quedou ben chula. Ao final da receita, xa vos direi como papar esta crema para degustala como é debido! Imos aló! Continue reading