Bicos de chocolate / Chocolate kisses

Bicos de chocolate

Tódolos anos que chega o Día dos Namorados escribo o mesmo, mais desta vez non vou dicir o de sempre, non vou dicir que o día dos namorados debía ser tódolos días, que non hai que mercar algo porque toca e punto…mais si que direi que calquera desculpa vale para preparar lambonadas, e, se pode ser en parella, mellor! Que vos parece? Estes bicos de chocolate son moi sinxelos de facer e as combinacións son infinitas. Só hai que gardar un minutiños do día para cociñar xuntos e cociñar bicos de chocolate e bicos de amor. Imos aló! Continue reading “Bicos de chocolate / Chocolate kisses”

Globos de chocolate / Chocolate balloons

Globos de chocolate

chocolate balloons

Hai uns días, navegando pola rede, vin estas cuncas de chocolate que se facían mollando globos en chocolate desfeito e pensei: “este esperiemento teño que probalo si ou si!” O certo é que non é moi sinxelo, mais o resultado é moi chulo. Para engadirlle un toque persoal, decidín facelas con dous chocolates e así facer unhas cuncas cun sabor semellante ao dos ovos kinder, con chocolate branco por dentro e negro por fora. E si, parécese e están boísimas. O recheo pode variar moito, eu escollín amorodos con nata para darlle un toque vermello para o día dos namorados, mais calquera cousiña que vos guste ha quedar ben. Imos aló! Continue reading “Globos de chocolate / Chocolate balloons”

Leite fritido con prebe de amorodos / “Fried milk” with strawberry coulis

Leite fritido con prebe de amorodos

Leite fritido

Desta vez, unha receita desas que a todos (ou case) nos encanta! Desas receitas que nos recordan ás nosas nais, pais, tías, tíos, e avós ou avoas, porque se levan facendo toooda a vida. E por que non coller o relevo? 🙂 E se empregamos unha fariña sen gluten, tamén apta para celícaos. Así que, imos aló! Continue reading “Leite fritido con prebe de amorodos / “Fried milk” with strawberry coulis”

Cuncas de chocolate con froitas / Chocolate fruit cups

Cuncas de chocolate con froitas

image

Non me digades que non ten boa pinta este prato! Pois cando vos diga o sinxelo que é de facer…seguro que vos poñedes a facelo de contado! Para facelo, precisamos… Continue reading “Cuncas de chocolate con froitas / Chocolate fruit cups”

Galletas do amor / Love cookies

Galletas do amor

image

Primeira receita do Día dos namorados! Si, xa sei o que me ides dicir, que é unha data comercial e consumista, e que o día dos namorados debía ser tódolos días do ano…e tedes razón! Pero por que non pasar unha tarde cociñando unhas galletiñas coa vosa parella? Ou aproveitar unha galleta para declaravos a alguén? Así que animádevos! E senón queredes facelas con forma de corazón, pódense facer como queirades! Imos aló! Continue reading “Galletas do amor / Love cookies”