Turrón de té verde matcha / Matcha nougat

Turrón de té verde matcha

matcha nougat

A verdade, non sei se xa volo confesei antes algunha vez, non son moito dos turróns de sempre, polo que cada Nadal tócame discurrir algún con chocolate para poder deleitarme como toca nestas datas 😀 O meu amor polo té verde matcha xa o sabedes de sobra, así que este ano tocou xuntar as miñas dúas paixóns lambonas (entre moitas outras), o chocolate branco e o té verde matcha. Imos aló! Continue reading

Panna cotta de turrón / Turron panna cotta

Panna cotta de turrón

panna cotta turron

Cando chegan as paparotas do Nadal, o que menos precisamos é ter que empregar aínda máis tempo en preparar as lambonadas, por iso esta panna cotta de turrón é a sobremesa perfecta para noitevella! Leva un dos ingredientes máis típicos do Nadal, faise nun plis plas, pódese deixar feita do día anterior e está boííísima!!! E se non sodes de facer larpeiradas nesta época, sempre podedes facela para aproveitar ese turrón que acostuma a sobrar 😉 Imos aló! Continue reading

Turrón de chocolate branco / White chocolate turron

Turrón de chocolate branco

turron chocolate

Os que ledes o blogue, xa sabedes da miña devoción polo chocolate branco. Encántame! En canto fixen o turrón de chocolate caseiro, sabía que máis tarde ou máis cedo, caería unha receita de turrón de chocolate branco. De novo, unha receita moi rápida e sinxela. Desta vez, ademáis do arroz inflado, engadinlle tamén uns pistachos. E se vos gustan, podedes engadirlle lacasitos, M&Ms, galletas ou outros froitos secos. Imos aló! Continue reading

Turrón de chocolate caseiro / Homemade chocolate turron

Turrón de chocolate caseiro

Turron chocolate

En canto vexades o rápido e sinxelo que resulta facer o turrón de chocolate na casa e o bo que está, seguro que non o volvedes mercar! Nuns 10 minutiños e cuns ingredientes ben doados de atopar, teredes un turrón de chocolate ao que, ademáis, poderedes engadirlle outros ingredientes que vos gusten e facelo totalmente persoalizado! 🙂 Imos aló! Continue reading