Empanadiñas de atún / Tuna pies

Empanadiñas de atún

Xa é a segunda vez que preparo esta receita para o blogue, mais desta vez cambiei algo os ingredientes para darlle un toque máis orixinal, e para axudar a que a cativada coma verduras sen decatarse. Estas empanadiñas de atún son lixeiras, van feitas ao forno, polo que non levan aceite de máis, e ademais saben de marabilla!!! Que é o máis importante! Ademais, veremos como pechar as empanadiñas dun xeito distinto, que de seguro vos recordará ás empanadiñas arxentinas, que é moi sinxelo de facer e que fai que queden unhas empanadiñas ben feitiñas. A masa é moi fina e non se fai nada pesada, por iso é ideal para facer ao forno, ademais así non corremos o risco de que rompa e se nos escape a o recheo 🙂 Imos aló! Continue reading

Canelóns de berenxena / Aubergine rolls

Canelóns de berenxena

canelóns de berenxena

Aínda que xa estamos recollendo as últimas berenxenas da horta, este ano non nos podemos queixar, pois aínda che duraron ben. A min encántanme, e como proba, non se precisa máis que unha ollada rápida aos milleiros de receitas de berenxenas que hai no blogue. Desta vez, uns canelóns ben rápidos e sinxelos, que ademais campan que rabean e saben de medo! Non é preciso nin gratinalos nin levalos ao forno! Iso si, se lles queredes engadir queixo relado e poñelo a dourar, de seguro que o agradece 😉 Imos aló! Continue reading

Atún macerado / Marinated tuna

Atún macerado

atún

Ás veces hai quen non merca atún porque non sabe como facer para que non quede seco. Pois aquí vos traio a solución! Se maceramos o atún nun chisco de soia e aceite, estará moi suculento e non quedará seco para nada. O ideal sería pedir ou cortar lombos de atún un chisco máis gordiños, para que non quede forte de máis. Sinxelo a tope, non si? Imos aló! Continue reading

Mini pizzas

Mini pizzas

Mini pizzas

Isto de ter masa de pizza caseira sempre dispoñible é un perigo! Así que desta vez, probei a facer unhas mini pizzas. A idea gústame para unha cea entre amigos, na que queres facer pizzas de varios sabores, ou para aquelas persoas que tendes que levar comida ao traballo. Imos ver como se fan, veredes que sinxelo! Continue reading

Pementos do piquillo recheos de atún / Piquillo peppers stuffed with tuna

Pementos do piquillo recheos de atún

Photo 02-01-14 23 10 56

Encántanme os pementos do piquillo! Tanto que se vou comer ou cear fora e os vexo na carta, xa é o primeiro que pido 🙂 Desta vez, fíxenos recheos de atún, pero recheos de bacalao tamén están boísimos. Estes saen moi económicos e moi sabedeiros, así que anímovos a que os fagades. Imos ver como se fan! Continue reading