Trufas de té verde / Matcha truffles

Trufas de té verde matcha

matcha truffles

O matcha é un tipo de té verde moído introducido no Xapón alá polo século XII polos budistas. Agora emprégase na ceremonia xaponesa do té, máis o seu sabor e o feito de que sexa un té en po, fai que se empregue con certa frecuencia na repostaría. Estas trufiñas de té verde acostuman a ser un agasallo moi común no Xapón para o día dos namorados. E o seu sabor é moi peculiar porque contrasta o sabor amargo do té co doce do azucre e do chocolate branco. Unha suculencia exótica que gustará a todos, tanto polo seu sabor como pola pinta que teñen. Imos aló! Continue reading “Trufas de té verde / Matcha truffles”

Trufas de castaña / Chestnut truffles

Trufas de castaña

Trufas castañas

Unha das mellores cousas do outono é que é tempo de castañas! A min como máis me gustan son crúas, pero asadas e cocidas tamén están ben boas. E cando xa vai frío, mercar unhas pouquiñas no tren das castañas cando se dá un paseo por Compostela é un deses pequenos grandes praceres da vida. Desta vez, vai unha receita diferente, pero moi rápida e sinxela. Se vos gustan as castañas, seguro que as facedes e repetides. Imos aló! Continue reading “Trufas de castaña / Chestnut truffles”

Trufas ardentes / Burning truffles

Trufas ardentes

image

Nova receita e nova imaxe! O blogue vístese de Nadal, e para celebralo, unha receitiña nova! E por que trufas ardentes? Pois porque para facelas, usaremos augardente! Oh yeah!

Continue reading “Trufas ardentes / Burning truffles”