Bica de Trives / Bica from Trives

Bica de Trives

Encántanme tódalas bicas! Todas elas!!! E máis houbera! 😀 A de Laza xa hai tempo que me namorou totalmente, mais a de Trives, evidentemente, non queda atrás. O paso a paso é quizais máis complexo, mais o resultado é espectacular! As dúas claves para que a bica quede perfecta son a manteiga, polo que paga a pena facer unha inversión ou conseguir manteiga de vaca da tradicional (non mantequilla) e a masa fermentada, que hai que facer previamente. O demais, bater e bater. Os ingredientes son ingredientes de sempre e, aínda que leve algo de tempo facela, eu repetiría unha e mil veces. Así que non perdades a oportunidade de celebrar o Entroido como se merece con esta bica, que é unha marabilla!!! Imos aló! Continue reading