Pasta ao vermú / Vermouth & pasta

Pasta ao vermú

Hai receitas que chegan a un de casualidade e resultan ser todo un acerto. Sabendo de onde viña, non tiña dúbida algunha en que estaría boa, mais o resultado sorprendeume aínda máis. A receita é de “El Comidista” e déixovos aquí a ligazón orixinal para que lle botedes un ollo. Eu só a fixen para dous e cos ingredientes que tiña, máis todo o mérito é del 🙂 Gustoume moito esta receita porque para preparala precisamos ingredientes típicos do outono, polo que nesta época están todos no seu mellor momento. Que nunca probastes a botarlle vermú á pasta? Veredes que sabor! Imos aló! Continue reading “Pasta ao vermú / Vermouth & pasta”

Quiche de espinacas, queixo de cabra e touciño / Spinach, goat cheese and bacon quiche

Quiche de espinacas, queixo de cabra e touciño

quiche

Ás veces teño a sorte de que xente que me coñece me conte as súas receitas para que as poña no blogue. E esta receita chegou así, certo é que case sempre, por unha cousa ou por outra, remato cambiando algún ingrediente ou engadindo máis 🙂 Este quiche é moi moi moi saboroso, suave e sinxelísimo de facer! Iso sí, aproveitade para facelo cando teñades invitados ou se estades máis de dous na casa, porque para dous sobra un montón! Imos aló! Continue reading “Quiche de espinacas, queixo de cabra e touciño / Spinach, goat cheese and bacon quiche”