Tortiñas con arandos / Blueberry pancakes

Tortiñas con arandos

Gústame moito facer tortiñas pola mañá durante as fins de semana. Son unha boa alternativa a outras lambonadas, enchen o bandullo, e non teñen por que ser pouco saudábeis. De feito, aquí no blogue xa temos unhas cantas que están moi boas e non levan nin azucre, nin fariñas, nin manteigas… Desta vez, tampouco levan fariña, mais si arandos, que lle quedan de vicio! E algún que outro ingrediente segredo que fai que teñan un sabor estupendo, sen ter que sacrificar moito a saúde 😉 Imos aló! Continue reading “Tortiñas con arandos / Blueberry pancakes”

Irish Boxty

Irish Boxty

boxty

Adoro a cociña de Irlanda. Supoño que é porque adoro esa conexión celta que fai que moitos pratos teñan un sabor similar. Aínda que estas tortiñas irlandesas se papan agora en calquera ocasión, o típico era comelas na época do Samaín, e é por iso que tocaba preparalas. Non sabía moi ben como sería o sabor, porque eu sonvos moito de probar así ao tolo, sen saber como saberán os pratos. Iso si, en canto lle dei a primeira trabada…mimadriña!!! Non imaxinaba que estiveran tan boas! Que sabor, que textura! Puro vicio!!! Creo que me sería imposible dicir os ingredientes que leva polo sabor que ten despois! A min recordoume ás filloas, mais isto xa é cuestión de opinións. Non vos enredo máis e imos ao choio! Imos aló! Continue reading “Irish Boxty”

Tortiñas saudábeis / Healthy pancakes

Tortiñas saudábeis de cacao

tortiñas

Estas tortiñas téñeno todo, son saudábeis, sen glute, sen azucres e con moooito sabor a chocolate! E se con isto non abondara, só precisamos 3 ingredientes! E 3 ingredientes ben sinxelos que acostumamos a ter pola cociña. Fanse nun plis, tanto o masa como a tortiñas e, ademais, podemos engadir froitos secos, froitos vermellos e, coma sempre, convén remollalas cun bo chorriño de mel ou de sirope de ágave. E se as queredes facer maís larpeiras, uns anaquiños de chocolate quedaranlle de medo. Imos aló! Continue reading “Tortiñas saudábeis / Healthy pancakes”

Tortiñas de cabaza / Pumpkin pancakes

Tortiñas de cabaza

pancakes

Coa cabaza pódense facer moitas sobremesas, de feito, neste blogue xa temos unhas cantas: chuliñas de cabaza, flan de cabaza, ou torta de cabaza e oreo. Estas tortiñas son ben sinxelas, e a cabaza non só lles dará un sabor incrible, senón tamén fará que estas tortiñas sexan súper esponxosas. Ademais, as especias daranlle un toque exótico e moi orixinal. Imos aló! Continue reading “Tortiñas de cabaza / Pumpkin pancakes”

Brunch americano / American Brunch

Brunch americano

Brunch

Isto do brunch, que semella un invento novo ou algo así, non é máis que comer algo máis forte cando durmimos de máis o domingo e xa é tarde para o almorzo e algo cedo para o xantar. De seguro que moitos de vós, coma min, almorzastes (algo tarde xa) algunha filloa (con chourizo), orella, pizza ou algunha que outra lambonada que sobraba do día anterior, non si? O caso é que agora está de moda (e con razón!!!), así que aquí vos deixo 4 receitas nunha, que as podedes facer para o brunch, para o almorzo, para xantar, de sobremesa…en fin, para cando máis vos apeteza! Dicirvos, por se alguén non o sabe, que a palabra brunch ven da unión de dúas palabras inglesas: breakfast (almorzo) e lunch (xantar) = brunch. Imos aló! Continue reading “Brunch americano / American Brunch”