Roliños contrasol / Rainbow pinwheels

Roliños contrasol

roliños de contrasol

Non sabía moi ben como chamarlle a estes roliños, mais vendo as cores e o seu nome en inglés, o mellor que lle quedaba era contrasol, que non deixa de ser o arco da vella. Vendo como locen, non pode haber un nome que lle acaia mellor, non si? A receita é ben sinxela e ideal para facer un prato moi saudábel e ben nutritivo, con moitas verduriñas e ademais infinitas combinacións. O mellor destes roliños é que para facelos podemos empregar verduras de tempada para que estean sempre no seu mellor punto. Aquí vos deixo unha das versións que fixen estes días, mais xa sabedes, a cuestión é probar e probar ata atinar coa combinación que máis vos guste. Imos aló! Continue reading

Tortilla rechea / Stuffed potato omelette

Tortilla de patacas rechea

tortilla

Si, seino, a tortilla de patacas xa está de por si boísima, e máis aínda con ovos, patacas e cebolas da casa. Mais se a esta combinación xa de por si deliciosa, lle engadimos queixo de Bama, xamón cocido, leituga e rúcula, teremos ante nós a tortilla máis saborosa do mundo! Sobre todo polo queixiño, xa sabedes que é unha das miñas debilidades, e máis vendo como se derrete e cae pola tortilla abaixo. Un pequeno pracer para tódolos sentidos. Imos aló! Continue reading